Xerais 2015
O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que,
voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización
para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata
extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os
protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio
de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida.
Aínda que a lectura de “Zapatillas rotas” por veces provoque o riso,
mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como
somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos,
pasa desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo.
“Zapatillas rotas” trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores
desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos
narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e
lectoras do noso tempo.
Premio da Crítica 2014
Ningún comentario:
Publicar un comentario