Xerais (2008)
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e
Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa,
moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso
non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar
complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a
levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as
dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e
cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que
as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o
sucedido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario