Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de decembro de 2019

O último barco

Domingo Villar

Editorial Galaxia, 2019



A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a un xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E, aínda que nada pareza alterado na casa nin na vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña ha comprobar que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras.

Entrevista ao autor

martes, 20 de novembro de 2018

Tierra de Hombres

Inma Chacón

Planeta (2016)


As irmás Elisa e Sabela crecen en Cobas (Ferrol), onde a súa nai, Rosalía, unha leiteira pobre, as cría sen a axuda do seu home. Mateo, que emigrou a América, para iniciar un negocio que nunca concluíu, so lle deixou ao seu irmán Manuel, xordo de nacemento, que coa súa bondade temerosa e sinxela a axuda a sacar ás súas fillas adiante. Cando Rosalía comeza a planear a voda da súa filla Elisa con Eloy, o único bachiller do pobo, non conta con que Sabela tense namorado del e que o guapo mineiro Martín ten outros plans para Elisa.

domingo, 7 de xaneiro de 2018

Polos Fillos dos Fillos


Candeia Editorial (2004)

Un neno de trece anos sabe que o van matar. Ve como asasinan os ciciños e a súa irmá durante a Guerra Civil en Castroverde. Hai unha lista consesetna condenados a norrer fusilados. El mesmo buscará dados sobre eses crimes durante os sesenta e cinco anos posteriores.

Bonifacio é o outro irmán. Foxe a Bos Aires, Para iso intenta conseguir un pasaporte arxentino no consulado de Astorga, un pase de fronteiras expedido por asesores nazis no Cuartel General del Generalísimo en Salamanca e unha praza de barco para repatriados indixentes na embaixada arxentina de Lisboa.

Unha novela que relata un dos períodos máis escuros da osa historia e dá conta das súas consecuencias, que nos marcaron para toda a vida.

Encontro Xosé Manuel Sarille

venres, 10 de xaneiro de 2014

Los Pazos de Ulloa

Emilia Pardo Bazán

Cátedra

Nos Pazos de Ulloa, recóndito e salvaxe paraxe de Galicia, en 1880 a vida está marcada pola relixión, a bruxería, a política e as paixóns. A chegada de Xulián a Ulloa, un sacerdote delicado e sensible, terá imprevistas consecuencias. O Marqués de Ulloa, rudo e pasional, vese obrigado a contraer matrimonio con Nucha, unha rapaza de cidade, para quen o ambiente dos pazos é unha pesadiña. Sabel, a criada de gran beleza, e que tivo un fillo bastardo do Marqués, é a figura oposta a Nucha.


A montaña galega, o caciquismo e a decadente nobreza rural son analizados pola condesa Emilia Pardo Bazán. O progreso urbano, representado por Xulián o novo sacerdote, e a barbarie rural, encarnada en Primitivo, contrapóñense nun mundo dominado por unha natureza violenta, inmoral e sensual, cuxa posibilidade de transformación será posta en cuestión.