Kei Sanbe
Norma (2013-2016)
"Se puideras retroceder no tempo... que che gustaría cambiar?"
Ano 2006. Satoru
Fujinuma aspira a ser mangaka, pero non ten demasiada sorte porque, entre outras
cousas, lle falta empatía e, para poder chegar a fin de mes, ten que traballar
como repartidor de pizzas. O que non sabe ninquén é que posúe un don
excepcional, pode detectar anomalías e retroceder no tempo, o que lle permite
rectificar situacións e evitar accidentes.
. . . . . . . . ."Os libros aprendéronme a pensar, e o pensamento fíxome libre" Ricardo de León
xoves, 24 de novembro de 2016
sábado, 19 de novembro de 2016
Orígenes
Amin Maalouf
Alianza (2004)
Alianza (2004)
“Pertenzo a unha tribo que, dende sempre, vive como nómade
nun deserto do tamaño do mundo. Os nosos países son oasis dos que fuximos cando
se seca o manancial; as nosas casas son tendas vestidas de pedra; as nosas nacionalidades
dependen de datas e de barcos. O único que nos vincula, por enriba das xeracións,
por enriba dos mares, por enriba da Babel das linguas, é o murmurio dun apelido.»
Precisamente ese vínculo é o que leva a Amin Maalouf, en Orixes, a volver os
seus ollos cara as súas raíces familiares. Furga na súa memoria para resucitar o
destino desta «tribo», os Maalouf, que dende o Líbano que lles viu nacer expandíronse
polo mundo para alcanzar terras tan aparentemente afastadas da súa cultura como
Cuba. Nesta aventura que cubre no tempo todo un século, Amin Maalouf convoca aos
mortos e aos vivos, ás pantasmas dos seus antepasados e aos familiares que o
rodean, para explorar as lendas que se tiveron alimentado entre os seus o que lle
permite facer o retrato de toda unha época, coas convulsións que levaron ao
desmoronamento do Imperio otomán, e forxarse unha idea clara de como eran, como
pensaban e o que levou aos Maalouf á diáspora. Uns eran místicos, outros masóns;
uns profesores, outros comerciantes, e todos, soñadores políglotas e
cosmopolitas.
xoves, 17 de novembro de 2016
Cartas de Inverno
Agustín Fernández Paz
Xerais (1995)
Xerais (1995)
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritos Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobres os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acurdir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira) que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores.
Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.
Booktrailer
mércores, 9 de novembro de 2016
As Palabras Poden Matar
Marcos Calveiro
Xerais (2015)
Xerais (2015)
Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar atrás.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)