Amosando publicacións coa etiqueta Desamor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Desamor. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de xaneiro de 2020

Las ventajas de ser un marginado

Stephen Chbosky

Alfaguara, 2019


Charlie, ten 15 anos e queda so tralo suicidio do seu mellor amigo. Vive con seus pais, a súa popular e fermosa irmá e un irmán maior que é unha estrela do fútbol americano e que está a punto de comezar a universidade. O seu profesor de lingua está convencido de que Charlie posúe unha grande capacidade intelectual.
Despois de coñecer a Sam e Patrick comeza a comprender o que é ser un adolescente e comeza unha viaxe cara á madurez que o leva a percorrer camiños novos e inesperados. Con eles descubre nova música, empeza a beber, fumar e coquetear coas drogas, cambia de amigos...
Ata que se converte nun xoven de verdade!

sábado, 2 de xuño de 2018

No me vas a encontrar en nadie


Iago de la Campa

MueveTuLengua (2018)

Un libro de prosa poética. Os temas principais dos textos son o amor e o desamor. Eu recoméndoo porque así podes reflexionar sobre temas amorosos, pero recomendo lelo de pouco a pouco, porque senón os textos fanse repetitivos e pesados. É mellor ler un par deles e logo pararte a reflexionar sobre a mensaxe que o autor quere transmitir.

Gabi Rey (3ºESO)