martes, 10 de marzo de 2020

Días sin ti


Seix Barral, 2019

Días sin ti é unha historia de complicidade a través do tempo, dunha avoa co seu neto. Dora, mestra en tempos da República, comparte con Gael a historia que a convertiu en que é. Con tenrura pero con crudeza, confesa a súas emocións ao seu neto, escultor, un xoven cunha sensibilidade especial, e lle brinda, sen que el o saiba, a chave para repoñerse das feridas causadas por un amor trucado.


martes, 3 de marzo de 2020

Largo pétalo de mar


Plaza&Janés, 2019

En plena guerra civil española, o xoven doutor Víctor Dalmau, xunto á súa amiga pianista Roser Bruguera, vense na obriga de abandonar Barcelona, exiliarse e cruzar os Pirineos cara a Francia. A bordo do Winnipeg, un navío fletado polo poeta Pablo Neruda que levou a máis de dous mil españois rumbo a Valparaíso, embarcarán en busca da paz e a liberdade que non tiveron no seu país. recibidos como heroes en Chile -"ese largo pétalo de mar y nieve", en palabras do poeta chileno-, integraranse na vida social do país durante varias décadas ata o golpe de estado que derrocou ao doutor Salvador Allende, amigo de Víctor pola súa común afección ao xadrez. Víctor e Roser atoparanse de novo desarraigados, pero como di a autora: "Si uno vive lo suficiente, los círculos se cierran".