luns, 15 de decembro de 2014

O gardián invisible

Dolores Redondo

Destino (2013)

Ainhoa Elizasu foi a segunda vítima do basajaun, aínda que entón a prensa non o chamaba así. Foi un pouco máis tarde cando transcendeu que arredor dos cadáveres aparecían pelos de animal, restos de pel e rastros dubidosamente humanos, unidos a unha especie de fúnebre cerimonia de purificación. Unha forza maligna, telúrica e ancestral parecía ter marcados os corpos de aquelas case nenas coa roupa esgazada, o lanuxe púbico rasurado e as mans dispostas nunha actitude virxinal.

Nas marxes do río Baztan, no val de Navarra, aparece o corpo espido dunha moza nunhas circunstancias que o poñen en relación cun asasinato acontecido nos arredores un mes atrás.

A inspectora da sección de homicidios da Policía Foral, Amaia Salazar, será a encargada de dirixir unha investigación que a levará de volta a Elizondo, unha pequena poboación de onde é orixinaria e da que tratou de fuxir toda a súa vida. Enfrontada coas cada vez máis complicadas derivacións do casos e coas súas propias pantasmas familiares, a investigación de Amaia é unha carreira contrarreloxo para dar cun asasino que pode amosar o rostro máis aterrador dunha realidade brutal ao tempo que convoca aos seres máis inquietantes das lendas do Norte.



Descargar o primeiro capítulo


domingo, 14 de decembro de 2014

Blacksad 1, 2, 3, 4 e 5



Norma Editorial 

Xénero policiaco con animais antropomórficos nun ambiente de serie negra que Juanjo Guarnido ilustra maxistralmente. 

Blacksad 1: Un lugar entre las sombras (2000)
Neste primeiro álbum, o detective privado John Blacksad investigará o asasinato de Natalia Wilford, unha actriz coa que mantivera unha relación sentimental no pasado. 

Blacksad 2: Artic - Nation (2003) 
A historia sitúase, nos momentos previos á caza de bruxas do Macarthismo, nun barrio degradado, no que dúas comunidades vense enfrontadas pola cor da pel dos seus habitantes. O secuestro dunha nena será o detonador e desatará os instintos máis primarios. Racismo, violencia, vinganza, intriga e misterio son algúns dos ingredientes deste novo thriller, un confuso quebracabezas que so Blacksad pode resolver. 

Blacksad 3: Alma roja (2005) 
Os tempos están mudando, as grandes potencias mundiales centran as súas investigacións na carreira nuclear e o medo ao comunismo é, nos EEUU, unha realidade cada vez máis patente. Blacksad, nesta ocasión reciclado a gardacostas, verase metido nunha intriga política de alcance internacional, cando se reencontra cun antigo profesor, agora toda unha eminencia no campo da enerxía atómica, e a súa axudante, a fermosa escritora Alma Maher. 

Blacksad 4: El infierno, el silencio (2010) 
Nova Orleans, a cuna do Jazz, disponse a celebra o seu Entroido. A cor e a música enchen as súas pintorescas rúas durante o Mardi Gras. Pero a calurosa cidade de Luisiana tamén ten un lado escuro. Inmerso nun sórdido ambiente de droga, vodú e baixas paixóns, o noso detective ten que atopar ao célebre pianista Sebastian "Littel Hand" Fletcher antes do amañecer. A noite vai ser larga para Blacksad...

Blacksad 5: Amarillo (2013)
John Blacksad está canso de tanta violencia e miseria ao seu arredor, así que decide tomarse un tempo antes de volver á casa. A sorte parece sorrirlle cando un descoñecido o contrata para levar o seu coche, un flamante Cadillac modelo Eldorado, dende Nova Orleáns ata Tulsa. Pero as rúas do sur son tan poeirento como imprevisibles e sen querelo, verase obrigado a atravesar os Estados Unidos de punta a punta para resolver un asasinato. Unha apaixónate aventura pola que desfilarán moteiros, avogados, escritores malditos e ata artistas de circo.