. . . . . . . . ."Os libros aprendéronme a pensar, e o pensamento fíxome libre" Ricardo de León
martes, 20 de decembro de 2016
luns, 19 de decembro de 2016
Rúa Carbón
Xerais (2005)
Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A piques de cumprir os dezasete anos, Maite, a súa nai, contaralle que Iñaki, o seu pai biolóxico, foi, coma ela mesma, militante de ETA político-militar e morreu, antes de que Paula nacese, cando colocaba un coche bomba. O desvelamento deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas Edurne e Nekane provocarán na vida de Paula unha conmoción tremenda e un nó moi difícil de desanobelar na procura do descubrimento da imaxe do pai.
A Banda Sonora
luns, 12 de decembro de 2016
Desde la Sombra
Seix Barral (2016)
Damián séntese confuso dende que
perdeu o seu traballo. Un día comete un pequeno furto nun mercado de anticuarios
e agóchase no interior dun armario. Antes de que poida saír, o armario é
vendido e trasladado á habitación de matrimonio de Lucía e Fede, onde Damián
acaba instalado, coma se formara parte do moble.
Dende este agocho, Damián observa a
esta familia. Deste xeito irase achegando ao corazón de Lucía, aos seus medos e
os seus soños, e ao facelo saberase por fin respectado e comprobará de todo o
que é quen de facer ao sentirse vivo.
Entrevista co autor
Entrevista co autor
sábado, 10 de decembro de 2016
O Corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais (2012)
Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2012
Video Amanda Todd
Xerais (2012)
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter; onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real... Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2012
Video Amanda Todd
mércores, 7 de decembro de 2016
Coraline
Neil Gaiman
Salamandra (2009)
Ao día seguinte de mudarse de casa, Coraline explora as catorce portas do seu novo fogar. Trece pódense abrir con normalidade, pero a decimocuarta está pechada e tapiada. Cando ao fin consegur abrila, Coraline atopa un pasadizo segredo que a leva a outra casa, tan semellante á súa que resulta arrepiante. Sen embargo, hai certas diferenzas que chaman a súa tención: a comida é máis rica, os xoguetes son tan descoñecidos como marabillosos e, sobre todo, hai outra nai e outro pai que queren que Coraline quede con eles e se converta na súa filla e non mrche nunca.
Axiña Coraline dáse de conta de que, tras os espellos, hai outros nenos que caeron na trampa. Son como almas perdidas, e agora ela é a súa única esperanza de salvación. Pero para rescatalos terá tamén que recuperar aos seus verdadeiros pais, e cumprir así o desafío que lle permitirá volver á súa vida anterior.
- "Os gatos non temos nome.
- Non? - Dubidou Coraline.
- Non - Corroborou o gato. Vós, as persoa, tedes nomes porque non sabedes quen sodes. Nós sabemos quen somos, por iso non necesitamos nomes".
-"Cando tes medo, pero aínda así o fas, iso é valentía"
- "Non quero ter todo o que desexo. Ninguén o quere, non é verdade. Onde estaría a gracia se tivese todo o que quero así como así? É iso e nada máis. E despois que?"
A película "Os mundos de Coraline"
xoves, 1 de decembro de 2016
Club Lectura de Manga
Este curso organizamos un club de lectura específico de Manga. Todo un éxito!!.
(Clicade na imaxe para ir ao álbum)
Forman parte del alumnado de 3º e 4º ESO, e 1º Bacharelato. Un club dirixido totalmente polo alumnado, eles son os encargados de organizar actividades, recomendar lecturas... e estanno a facer fantásticamente ben.
O pasado martes María Afonso, alumna de 4ºESO, unha grande aficionada, preparou unha presentación en Prezi para achegarnos ao Anime.
Graciñas María!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)