Mercedes Castro
Teresa agocha segredos nos seus fogóns que conseguen que os seus pratos esperten paixóns, pero, a pesar da súa exitosa carreira como chef, do seu programa de televisión e a súa faceta como revolucionaria escritora de recetarios, non acaba de sentirse satisfeita. Tal vez porque os seus amantes desaparecen sen deixar rastro. Pode que por ese oco de silenzo que ninguén consegue reconstruir no seu pasado.
Para fuxir da soidade, Teresa obrígase a buscar unha alma xemelga que non consigue atopar e, decidica a aplacar a súa voracidade, determina volcarse na cociña, a súa verdadeira obsesión. Nas súas noites marcadas polas lembranzas e o insomnio creará manxares de sabores inesquecibles e imposibles de identificar, tan cheos de misterios como a súa vida, tan rebosantes de enigmas como os ingredientes que ningún ousado ten conseguido descifrar.
Tras un brillante debut coa súa novela “Y punto”, Mercedes Castro sorpréndenos con esta intriga psicolóxica, un conto de fadas envelenado, cheo de humor negro e un perverso sentido do suspense, a historia dunha muller fatal que persegue fuxir do seu destino. Mantis, plena de ironía e tensión, faranos desexar coñecer mellor a Teresa e, non importa que delicia nos serva, sentarnos a comer á súa mesa.
En
Radio Barullo podedes escoitar a entrevista que lle realizou Almudena Marcos en
RadioFusión a Mercedes Castro con motivo da presentación desta a súa segunda novela.