martes, 25 de febreiro de 2020

La ladrona de libros

Markus Zusak

Lumen, 2007


En plena II Guerra Mundial a pequena Liesel atopará a súa salvación na lectura. Unha novela preciosa, humana e emocionante que narra as peripecias dunha nena alemá de nove anos dende que é dada en adopción pola súa nai ata o final da guerra. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta ao nazismo, ensínaa a ler e a través dos libros Rudy logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristura. Pero é o libro que ela mesma está a escribir o que finalmente lle salvará a vida.

Trailer da película

martes, 18 de febreiro de 2020

El pintor de almas


Grijalbo. 2019

Barcelona, 1901. A cidade vive días de gran axitación social. A escura miseria dos máis desfavorecidos contrasta coa elegante opulencia das grandes avenidas, onde xa destacan algúns edificios singulares, símbolo da chegada do Modernismo.
Dalmau Sala, fillo dun anarquista axusticiado, é un xove pintor que vive atrapado entre dous mundos. Por unha banda, a súa familia e Emma, a muller que ama, son firmes defensores da loita obreira; homes e mulleres que non coñecen o medo á hora de esixir os dereitos dos traballadores. Por outra, o seu traballo no obradoiro de cerámica de don Manuel Bello, o seu mentor e un conservador burgués de férreas creencias católicas, achégao a un ambiente onde imperan a riqueza e a innovación creativa.
Deste xeito, seducido polas tentadoras ofertas dunha burguesía disposta a comprar a súa obra e conciencia, Dalmau terá que atopar o seu verdadeiro camiño, como home e como artista, y afastarse das noites de viño y drogas para descubrir o que de verdade lle importa: os seus valores, a súa esencia, o amor dunha muller valente e loitadora e, sobre todo, eses cadros que brotan do seu maxín e capturan nun lenzo as ánimas máis miserables que deambulan polas rúas dunha cidade axitada polo xermen da rebeldía.

mércores, 12 de febreiro de 2020

La lección de August

Palacio, R. J.

Nube de Tinta. 2012


A súa cara faino diferente e el so quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza baixa e o flequillo tratando de esconder a súa faciana, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, susurros afogados e cobadazos de abraio. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, a compaña da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias de A guerra das galaxias.

Este ano todo vai cambiar, porque este ano vai ir, por vez primeira, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: crecer na adversidade, aceptarse tal e como é, sorrir nos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.


Máis títulos da autora

Trailer da película