sábado, 10 de xuño de 2017

Enquisa Club Lectura Nais e Pais do Segrel

El Cuaderno Dorado


DeBolsillo (2014)

Anna Wulf é unha novelista a nai divorciada que padece estancamento creativo. Para fuxir da desesperación que a invade comeza a anotar as súas vivencias en catro cadernos de cores: "un caderno negro, no que está Anna Wulf, a escritora; un caderno vermello, dedicado á política; un amarelo, no que escribo historias que proceden da miña experiencia, e un caderno azul que intenta ser un diario". Pero a súa ambición é xuntar todos os cabos soltos da súa historia nun quinto cadernos, o dourado, co que desexa atopar o camiño cara a recuperación.

Premio Príncipe de Asturias (2001)

Premio Nobel de Literatura (2007)

mércores, 7 de xuño de 2017

Flavio




Novela ambientada na Terra de Iria (o seu título sería un claro índice) na que os conflitos da paixón entre Mara e Flavio están enmarcados noutras tensións de carácter social (entre o primitivo e mesmo medieval e rural co moderno, capitalista e rural) nas que a paisaxe ou a identidade teñen tamén o seu teatro. A frase inicial é ben significativa a este respecto: “La verdadera patria del hombre es el mundo entero”.

sábado, 3 de xuño de 2017

Irmán do Vento

Manuel Lourenzo

Xerais (2003)

“Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."” 

Irmán do vento é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra.

Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza. 

“Irmán do vento” é unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

Premio Merlín 2003