. . . . . . . . ."Os libros aprendéronme a pensar, e o pensamento fíxome libre" Ricardo de León
venres, 24 de xuño de 2016
venres, 17 de xuño de 2016
Propostas dos Clubs de Lectura da Rapazada do Segrel!!
No mes de xuño, as xuntanzas dos tres clubs da rapazada do Segrel estiveron cheas de propostas de lectura. Propostas feitas por todos e cada un dos membros dos clubs da ESO, e entre esas propostas temos moita e moi variada literatura como podedes comprobar...
1ºESO
3ºESO
1ºESO
3ºESO
E destas xuntanzas e da Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada o pasado venres día 10 en Santiago, saiu unha idea que pensamos poñer en práctica o vindeiro curso. No Segrel teremos o noso 1º Club de Manga. Esperámosvos!!
Grazas por outro curso, e con este xa van nove, cheo de lecturas compartidas!!
Sede Felices!!
venres, 10 de xuño de 2016
El Hombre Mojado no Teme la LLuvia
Debate (2010)
Dicía Lorca que “debaixo
das multiplicacións hai unha gota de sangue”. Neste libro, Olga Rodríguez
amósanos o sangue e a vida que flúen polas rúas de Oriente Medio e que rara vez
conseguen asomar tras dos grandes titulares ou as estatísticas.
Cunha sinxeleza
limpa de prexuízos e unha humanidade pouco habitual, a autora achéganos a esta
conflitiva rexión a traveso dos seus habitantes, homes e mulleres aparentemente
comúns cuxas vidas conforman sen querelo a Historia con maiúsculas. Ler este
libro é coñecer a Yamila e Minal, que foron torturadas no Irak ocupado;
achegarse aos Elhanan, unha familia xudía de Xerusalén que perdeu á súa filla nun atentado suicida;
escoitar a Ibrahim, que viu morrer aos seus amigos en execucións extraxudiciais
israelís e viviu o encerro na igrexa da Natividade de Belén; entrar na tenda de campaña dun refuxiado afgán,
exiliado no seu propio país; ou suar co
esforzo de Ka-reem, un sindicalista pruriempregado exipcio que non renuncia a
soñar mentres traballa todas as horas do reloxo.
Na mellor
tradición do que unha vez foi o xornalismo, a posibilidade real de coñecer o
mundo a traveso das súas xentes sendo testemuña directa do que se narra, este
libro é imprescindible para entender unha rexión que se converteu xa no centro
da disputa dos grandes conflitos deste novo século.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)