domingo, 18 de maio de 2014

Postales desde tierra de nadie

Aidan Chambers

Muchnik Editores

Jacob Todd ten dezasete anos e chegou de Amsterdam para asistir ao cincuentenario da batalla de
Arnhem, na que participou o seu avó.

Cando Geertrui Wesseling, no seu leito de morte, revela ao rapaz os segredos dos días nos que ela protexeu ao seu avó xunto con outros soldados do exército aliado, a vida de Jacob cambia de rumbo. A raíz desa conmovedora experiencia, as súas relacións coas amizades holandesas que acaba de entaboar cobran unha importancia inesperada, o que o leva, á súa vez, a preguntarse que lugar ocupa no mundo e que vida desexa vivir.

A eutanasia, o adulterio, a arte e a identidade sexual aparecen aquí formuladas dende o punto de vista dun mozo que visita Ámsterdam por primeira vez, e dunha anciá que rememora o seu espertar ao amor cincuenta anos atrás.

sábado, 17 de maio de 2014

El enredo de la bolsa y la vida

Eduardo Mendoza

Seix Barral

O anónimo detective de "El misterio de la cripta embrujada", "El laberinto de las aceitunas" e "La aventura del tocador de señoras" regresa á acción en tempos de crise. Volve a exercer de insospeitado sabueso na Barcelona de hoxe nunha carreira contra o reloxo por desarticular unha acción terrorista antes de que interveñan os servizos de seguridade do Estado.

Anos despois de deixar o sanatorio mental onde compartiron cela, Rómulo o Guapo, proponlle un golpe ao noso protagonista. A súa negativa e a misteriosa desaparición de Rómulo serán o arranque dun enredo para resolver un caso de repercusións internacionais. 

sábado, 3 de maio de 2014

Si te abrazo, no tengas miedo

Fluvio Ervas

Seix Barral

Andrea é un adolescente autista; vive nun mundo afastado; as palabras se lle escapan e loita por atrapalas. Nas frases que escribe no ordenador albíscase o vendaval de sentimentos que leva dentro: "Son un home pioneiro dos pensamentos de liberdade. Andrea quere curarse". Neste descubrimento está a clave que Franco, o seu pai, necesita para dar un xiro decisivo ás súas vidas.