. . . . . . . . ."Os libros aprendéronme a pensar, e o pensamento fíxome libre" Ricardo de León
domingo, 28 de xuño de 2020
Lecturas confinadas
venres, 21 de xuño de 2013
Suxestións de Lectura "Verán 2013"
venres, 25 de xuño de 2010
Despedida do Club de Lectura
- Ollos de auga
- A praia dos afogados
- A elegancia do ourizo
- Xuntos e máis nada
- Settecento
- El frío modifica la trayectoria de los peces
- Mantis
- El tiempo entre costuras
Grazas a tod@s por "dar vida" ao noso club de lectura.
Esperámosvos en outubro cos deberes feitos.
Ah, e lembrade que o 2 de agosto temos unha cita en O Segrel, que o verán é moi longo e non queremos botarvos moito en falta... Así que xa sabedes, ás 12.00 da mañá do luns día 2, teremos o café preparado.
xoves, 10 de xuño de 2010
Rosa Aneiros cos Clubs de Lectura do Segrel
O luns día 7 de xuño celebramos o fin de festa dos clubs de lectura do Segrel cun fantástico encontro con Rosa Aneiros.Cando, hai xa tres anos, comentamos a nosa idea de facer unha reunión conxunta cun autor, naquela ocasión foi con Fran Alonso, e os membros dos clubs de lectura de alumnado e o de pais, nais e profes, houbo algún compañeiro que nos amosou as súas reticencias porque, segundo parecía, aos 15 e 16 anos non nos gusta estar cos nosos pais e nais neste tipo de actividades, que a rapazada non disfrutaría...
Que equivocados estaban os que así falaban! A experiencia non pode ser mellor nen máis positiva. En todas as ocasións son eles, os mozos e mozas, os que piden que se volvan a repetir estas xuntanzas conxuntas.
O encontro con Rosa Aneiros foi inesquecible. Comezaron Jose, un pai, e Laura, alumna, facendo unha estupenda presentación de Rosa. Laura fixo unha breve reseña biográfica e Jose falou do que para el supuxo a lectura de "Sol de inverno". E a partir de aí, e durante máis de tres horas falamos de libros, de lectura, do proceso que se segue para escribir un libro, falamos de "Inverno", analizamos a numeración dos capítulos de "Ás de bolboreta", que era algo que intrigaba moito a algún dos nosos rapaces,... e, por suposto, coñecemos unha miaxiña máis a esta extraordinaria escritora e mellor persona, e así soubemos que...:
"Cando máis aprendo dos libros é cando os comparto"
"Cando remato unha novela os personaxes deixan de ser meus"
"A min o que me dá para escribir historias é vivir"
E non podíamos, nin queríamos esquecer o que opinan sobre Rosa Aneiros e esta experiencia conxunta algúns dos asistentes:
Pais, nais e profesorado:
Con Rosa Aneiros foi fantástico, gozoso e fabuloso. Levou con tanta naturalidade a timideza d@s que alí estabamos para iniciar as preguntas, con tanta prestancia as preguntas d@s rapaces e rapazas, facéndolles atopar por si mesm@s as respostas ao que preguntaban, foi tan sincera nas respostas, que por un intre, escoitándoa falar dos seus personaxes, do seu padriño, das súas primeiras experiencias na escola de Valdoviño, pasoume polo maxín que a Biblioteca do IES se transformara e alí estabamos tod@s, sentad@s polo chan, nas alfombras, nos sofás, tomándonos uns cafés (cacao para menores non acompañad@s), nunha charla de xente que se coñece de hai moito tempo.
O sorriso constante, a naturalidade, as respostas concretas, claras, a falta de présa dunha persoa que non vive disto, que ao día seguinte tería que erguerse cedo para acudir ao seu traballo, o humor... Non sei se se nota que quedei prendada desta persona, porque da escritora xa estaba. Que é desa xente de quen podes decir sen medo a errar que ten calidade humana. E tamén "calidez". Cando vai volver???"
Maribel Serantes
"Pasoume o mesmo que con Agustín, se non tivera lido nada dela iría rápidamente a mercar algúnha das súas novelas. Encantoume!"
"A actividade levada a cabo no club de lectura gustoume moito porque gracias a Rosa Aneiros todos os compoñentes do Club (nen@s e adultos) aprendimos algo máis desta marabillosa escritora e dos seus libros e tamén dos mellores escritores Galegos"
Ademais estivemos xuntos rapaces e adultos!"
Axiña a reportaxe en Radio Barullo e na canle de You Tube do Segrel.
xoves, 19 de xuño de 2008
Fran Alonso cos Clubs de Lectura do Segrel (II)
Velai vai algúns momentos dese encontro tan especial entre rapaces, pais, nais e profes non só co autor e a súa obra senón un encontro cos libros, a lectura e a vida.
Entrade no noso Canal You Tube de Radio Barullo e poderedes disfrutar de tres deses momentos:
Como xurdiu “Cartas de Amor”
O momento en que Fran nos conta “Un dos seus Proxectos de Futuro”
Algunha das nosas “Experiencias de Lectura Compartida”
luns, 17 de decembro de 2007
O Club de Lectura dos Segreis Máis Novos!!
Hoxe tivemos a primeira reunión do Club de lectura do Segrel dos Segreis máis novos, 12 mozos e mozas da ESO. Xuntámonos na biblioteca durante case tres horas. Vaia tarde!!!!Na primeira xuntanza, hai xa un mes, eliximos como primeiro libro "El alma del bosque", pero por problemas coa distribución, e despois de esperar moitos días, decidimos comezar polo que quedara en segundo lugar "Cando petan na porta pola noite" de Xabier P. Docampo. Non estabamos dispostos a esperar ata o próximo ano...
Decidimos dividir cada sesión en dúas partes.
Na primeira, falaremos sobre a novela elixida, que por certo esta primeira xornada foi toda unha experiencia. Os comentarios tan acertados dos rapaces, as súas ganas de participar, o xeito de escoitar o que os outros tiñan que dicir... Como se notaba que o que estabamos a facer os tiña engaiolados!!
Durante a segunda parte traballaremos coas novas tecnoloxías. Hoxe xa fixemos comentarios no blog do Club de lectura e estreamos O Blog dos Segreis, un blog que nace coa idea de ser un punto de encontro para o noso alumnado no que poder facer os seus comentarios, as súas suxestións de lectura, cine, música... Un espazo para debater, compartir, colaborar, en definitiva, para aprender. E tanto que aprenderon!!
Algúns deles xa fixeron as súas suxestións de lectura. Todas as entradas son obra súa... Que xeito de aprender!!! Nun momento xa sabían baixar imaxes, enlazar páxinas, modificar cores, textos, etiquetar os posts... Cando nos dimos de conta xa rematara a tarde.... meu deus, a piques estiveron de perder o autobús!!!
Canto disfrutamos falando de contos, de libros... Fixemos planes para o ano que ven!! O primeiro día que nos xuntemos, o luns 14, traeremos cada un de nós un conto que contaremos ao resto. Haberá que falar con avós, pais, veciños... e ver que atopamos. "Se son de medo, teremos que ambientar a biblioteca" foi unha das súas propostas. Así o faremos.
Rapaces, o próximo ano teremos algunha historia que contar!!!


