domingo, 26 de abril de 2015

El Inventor de Palabras

Gerard Donovan

Tusquets (2010)

A vida de Julius Winsome, nunha remota cabana dos bosques de Maine, acabou asemellándose á paisaxe que o rodea: silencioso, illado, insondábel. Pero cando o seu can, Hobbes, morre a mans dun cazador, nun descoido ou nun acto de crueldade, a discreta existencia de Julius, xa na cincuentena, da un xiro. Precisamente, Hobbes era o único que lle quedaba dun antigo e fugaz amor. En adiante, terá por toda compaña o vello fusil familiar, co que o seu avó loitou na primeira guerra mundial, e os numerosos libros que cobren as paredes da cabana. Porque a lectura non so lle procura consolo, senón tamén inspiración para converterse nun "inventor de palabras" a imitación do seu admirado William Shakespeare. Pese a todo, a melancolía na que o sume a morte de Hobbes levarao a acariñar a idea de vingarse.


domingo, 12 de abril de 2015

Bajo la Misma Estrella

John Green

Nube de Tinta (2012)

A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non teñen nado con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son so adolescente, pero se algo lles ten ensinado o cancro que ambos padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, nos guste ou non, so existe o hoxe e o agora. E por todo iso, coa intención de facer realidade o máis grande desexo de Hazel - coñecer ao seu escritor favorito- cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contra o reloxo tan catártica como desgarradora. Destino: Amsterdam, o lugar onde reside o enigmático e malhumorado escritor, a única persoa que tal vez poida axudarlles a ordenar as pezas do enorme puzle do que forman parte...