domingo, 22 de febreiro de 2015

David Rubín - Monográfico

Nesta ocasión, a reunión do club de lectura da rapazada dedicado ao cómic desenvolverase dun xeito diferente. Será un monográfico dedicado á obra de David Rubín un dos grandes debuxantes do noso país e con quen teremos o pracer de gozar dun encontro o vindeiro xoves 26, do que, por suposto, daremos cumprida conta.


Aurora West:
Trátase dunha precuela da exitosa serie Battling Boy (DeBolsillo), de Pope, centrada na moza Aurora West, filla do máis grande heroe da cidade de Arcopolis, Haggard West, e de como se convertirá nunha heroina.

Unha compilación de historias publicada anteriormente en 2VB e redibuxadas para esta ocasión. "La tetería del oso malayo" é un lugar rexentado por Sigfrido onde personaxes de todo tipo aparecen coa escusa de tomar algo e acaban explicando as súas amarguras, os seus problemas, choros ou rabias. Un punto de partida que da pé a todo tipo de historias e permite a Rubín explorar moitas situacións, personaxes e, incluso xéneros.

Un guerreiro a compañado polos seus homes chega a un reino danés para dar fin a un monstro que leva doce anos asolándoo. Unha vez feito esto, acaba coa nai do monstro. Cincoenta anos despois, sendo xa rei do seu propio reino, ten que enfrontarse na súa bataia final a un dragón que arrasa as súas terras.

O heroe é un cómic que adapta moi libremente o mito dos doce traballos de Heracles (o Hércules, segundo a versión romana), situando a acción nunha época fantástica indeterminada, que mestura pasado con presente e elementos de ciencia-fición, pasado por un mesturador pop que toma elementos dos superheroes e do manga. 
Neste cómic Heracles é o fillo bastardo de Zeus, un heroe que axuda ao próximo e ao longo dos anos é sometido a unha serie de retos que porán a proba as súas capacidades. Durante a historia veremos medrar a Heracles e co paso dos anos irase dando de conta das responsabilidades que conleva a condición de heroe.

Galardoada co primeiro premio de banda deseñada Castelao da Deputación da Coruña, o autor reflexiona sobre o amor e a tristeza a través do personaxe dun superheroe apoiándose nunha estrutura narrativa moi singular.

Temas como a soidade, a búsca existencial, o amor e a súa perda desenvónvense a través de historias nas que o autor toma prestados superheroes, mitos gregos ou bíbliocos, ou contos infantís, que nas súas máns convértense en relatos íntimos, amargos case sempre, esperanzadores ás veces, historias que nos chegan directamente ao corazón e ás tripas para despois darnos unha patada no cerebro.

Un total de 10 creadores, entre eles David Rubín, embarcáronse da man de Oxfan Intermón e a súa campaña "Sí me importa" nunha viaxe con rumbo a Latinoamérica, África e Asia. Este grupo creativo fixo as súas maletas para coñecer de preto as historias de vida de persoas que, co apoio da cooperación española, loitan por cambias as súas vidas e as das súas comunidades.
Un percorrido en viñetas por esa outra parte do mundo - Colombia, Marrocos, Nicaragua, Repúbrica Dominicana, Filipinas, Mauritania e Burundi - que confirma que a cooperación ao desenvolvemento funciona, cambia e salva vidas.

mércores, 4 de febreiro de 2015

A Viaxe de Gagarin

Agustín Fernández Paz

Xerais (2014)

Doce de abril de 1961: o cosmonaura Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humnano en viaxar ao espazo esterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira vixe espacial. A raiz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenombre que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á comprexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa amenaza permanente da Brigada Político Social, a policía segreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprecindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. Emocionante historia de amore, engaiolante novela de formación e da memoria. 

domingo, 1 de febreiro de 2015

Eskoria

Alfredo Gómez Cerdá
Madrid, 2006. Ed. SM. (Col. Gran Angular - Alerta Roja).

Falso Diario Blog do Autor


Diego non se sinte distinto dos seus compañeiros de instituto, aínda que non lle gusten as mesmas cousas que a eles. Por iso non entende que algúns non o deixen en paz e que comezara a recibir todo tipo de ameazas. A súa mente lúcida trata de comprender os motivos do acoso ao que o someten, pero é imposible. Sinte que lle están empurrando cara un pozo sen fondo.