martes, 21 de xaneiro de 2020

Las ventajas de ser un marginado

Stephen Chbosky

Alfaguara, 2019


Charlie, ten 15 anos e queda so tralo suicidio do seu mellor amigo. Vive con seus pais, a súa popular e fermosa irmá e un irmán maior que é unha estrela do fútbol americano e que está a punto de comezar a universidade. O seu profesor de lingua está convencido de que Charlie posúe unha grande capacidade intelectual.
Despois de coñecer a Sam e Patrick comeza a comprender o que é ser un adolescente e comeza unha viaxe cara á madurez que o leva a percorrer camiños novos e inesperados. Con eles descubre nova música, empeza a beber, fumar e coquetear coas drogas, cambia de amigos...
Ata que se converte nun xoven de verdade!

martes, 14 de xaneiro de 2020

Héroes


Loguez Ediciones, 2017


"Os pequenos heroes de Camino del Río. Uns valentes nenos impiden un gran lume", podíase ler en grandes titulares no xornal local. Sen embargo a verdade é moi diferente. Félix, de once anos, e as súas amigas, Corina e Lía, non apagaron o lume. Todo o contrario, eles mesmos o provocaron coa sinxela  intención de vivir unha "aventura". Cando unha persoa da vila, un coñecido alcohólico, é denunciado como principal sospeitoso de ter provocado o incendio, os tres amigos atópanse nun conflito moral que condicionará tamén a relación entre eles.