Loguez Ediciones, 2017
"Os pequenos heroes de Camino del Río. Uns valentes nenos impiden un gran lume", podíase ler en grandes titulares no xornal local. Sen embargo a verdade é moi diferente. Félix, de once anos, e as súas amigas, Corina e Lía, non apagaron o lume. Todo o contrario, eles mesmos o provocaron coa sinxela intención de vivir unha "aventura". Cando unha persoa da vila, un coñecido alcohólico, é denunciado como principal sospeitoso de ter provocado o incendio, os tres amigos atópanse nun conflito moral que condicionará tamén a relación entre eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario