domingo, 25 de marzo de 2018

Estupor y Temblores

https://elpais.com/diario/2009/03/01/eps/1235892412_850215.htmlAmélie Nothomb

Anagrama (1999)

Novela de inspiración autobriográfica que conta a historia dunha moza belga que comeza a traballar en Tokio nunha gran compañía xaponesa. Pero no Xapón actual, fortemente xerarquizado, a rapaza ten o lastre dun dobre hándicap: é occidental e muller, o que a converterá en branco dunha cascada de humillacións e dunha progresiva degradación laboral que a levará a apasar da contabilidade a servir cafés, ocuparse da fotocopiadora e finalmente encargarse da limpeza dos lavabos masculinos.








martes, 13 de marzo de 2018

https://gl.wikipedia.org/wiki/Eva_Mejuto

Xerais (2017)

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivirá de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.

"Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distintos asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."

Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. 

"22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoa históricamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.

Entrevista na RTVG





domingo, 11 de marzo de 2018

El Cuento de la Criada

Margaret Atwook

Salamandra (2017)

Sitúase nun futuro próximo e describe a vida no que antaño foi EEUU, convertido nunha teocracia monolítica que reaccionou ante os trastornos sociais e ante una diminución progresiva do índice de natalidade cun retorno á intolerancia represiva da ideoloxía puritana. Comparable a "Un mundo feliz" de Huxley, "1984" de Orwell ou "A laranxa mecánica" de Burgess, a fabulación amósanos, dende o punto de vista das mulleres, o horror oculto ou latente no envés da nosa vida diaria, a trama vibradora que sustenta a cotidianidade nunha prosa admirable e aterradora precisión.

Unha mirada terrible e lúcida a una sociedade totalitaria que denuncia a barbarie que poden chegar a alcanzar os puritanismos extremos de toda índole, coas súas ansias de dominio sobre os seres humanos, aos que privan do exercicio do dereito á liberdade.