sábado, 16 de marzo de 2013

Palmeras en la Nieve

Luz Gabás

TH Novela

É 1953 e Kilian abandona a neve da montaña oscense para principiar, xunto ao seu irmá Jacobo, a viaxe de ida cara unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa de Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e sedutor, o agarda o seu pai, un veterano da finca Sampaka, o lugar onde se cultiva e torra un dos mellores cacaos do mundo.

Nesta terra eternamente verde, cálida e voluptuosa, os xoves irmáns descobren a lixeireza da vida social da colonia en comparación cunha España encorsetada e gris; comparten o duro traballo necesario para conseguir o cacao perfecto da finca Sampaka; aprenden as diferenzas e semellanzas culturais entre coloniais e autóctonos; e coñecen o significado da amizade, a paixón, o amor e u odio. Pero un deles cruzará unha liña prohibida e invisible e se namorará perdidamente dunha nativa. O seu amor por ela, enmarcado nunhas complexas circunstancias históricas, e o especial vínculo que se crea entre o colono e os oriúndos da illa transformarán a relación dos irmáns, cambiarán o curso das súas vidas e serán a orixe dun segredo cuxas consecuencias chegarán ata o presente.

No ano 2003, Clarence, filla e sobriña dese par de irmáns, levada pola curiosidade de quen desexa coñecer as súas orixes, mergúllase no ruinoso pasado que habitaron Kilian e Jacobo e descobre os fíos poeirentos dese segredo que finalmente será desentrañado. 




Actualizado 10 de Abril
Encontro con Olga Uzal na Guinea do 60

venres, 8 de marzo de 2013

Moolaadé

Ousmane Sembène (2004)


Collé Ardo vive nun pobo africano. Hai sete anos non permitiu que a súa filla fora sometida á ablación, unha práctica que lle parece unha barbarie. Hoxe, catro nenas fuxen para escapar do ritual da purificación e lle piden a Collé que as protexa. A partir dese momento enfréntanse dous valores, o respecto ao dereito de asilo (o “moolaadé”) e a tradición da ablación (a “salindé”)

Lúa do Senegal


Agustín Fernández Paz

Marina Seoane Pascual

Edicións Xerais

Khoedi, nome que significa lúa na súa lingua, é unha nena senegalesa de once anos que ten que abandonar a súa vila do Senegal  e viaxar coa nai e coa irmá pequena ata Vigo, onde o seu pai vive desde hai un tempo. Todo é distinto na nova terra, e o único que ten en común coa que abandonou é a lúa que brilla no ceo polas noites. A nena elixe a Lúa como confidente das súas historias, a ela dirixe as súas intensas reflexións: sensacións, recordos, medos, e tamén o desexo de afacerse á nova vida que lle espera no novo lugar, tan repleto de ausencias, en particular a da súa avoa, Mamá Feriane.


O relato aborda a emigración desde o punto de vista do desarraigamento e a intensa tristeza que a rodean e destaca o valor da multiculturalidade, a diversidade lingüística e a convivencia, así como a importancia de conxugar memoria e futuro.


·        Premio da AELG á mellor obra de LIX do ano 2009.
·        Lista de Honor 2010 da CCEI.



luns, 18 de febreiro de 2013

La Sociedad Literaria y el Pastel de Piel de Patata de Guernsey

Mary Ann Shaffer 

Annie Barrows

RBA


Enero de 1946, Londres emerxe das sombras da segunda guerra mundial. A escritora Juliet Ashton está buscando o argumento para o seu próximo libro. Quen podería imaxinar que o atoparía na carta dun descoñecido, un nativo da illa de Guernsey, a cuxas mans chegou un libro de Charles Lamb que pertenceu a Juliet?  A medida que Juliet e o descoñecido intercambian cartas, ela quédase atrapada nun mundo marabillosamente excéntrico. A sociedade literaria e o pastel de pel de pataca de Guernsey – nada como unha coartada espontánea cando os seus membros foron descubertos rompendo o toque de queda dos alemán – conten unha galería de personaxes fondamente humanos, divertidos, encantadores, todos amantes da literatura, que sobrelevaron a ocupación nazi organizando reunión de lectura sobre novelas clásicas, sempre arredor dun pastel de pel de pataca. Juliet comeza unha importante correspondencia cos membros da sociedade, pequenas xoias que falan de libros e do pracer da lectura, da amizade, da vida cotiá e do impacto recente que a ocupación alamana tivo nas súas vidas. Cativada polas súas historias, decide visitalos e o que atopa cambiará para sempre a súa vida.

Para saber máis sobre Guernsey

"Cine Palomitas" - Persepolis

venres, 18 de xaneiro de 2013

Episodios de Una Guerra Interminable II "El Lector de Julio Verne"

Almudena Grandes

Tusquets (2011)

Nino, fillo de garda civil, ten nove anos, vive na casa cuartel dun pobo da Serra Sur de Xaén e nunca poderá esquecer o verano de 1947. Pepe, o Portugués, o forasteiro misterioso, fascinante, que acaba de instalarse nun muíño afastado, convértese no seu amigo e seu modelo, o home no que lle gustaría converterse algunha vez. Mentres pasan xuntos as tardes á beira do río, Nino xurarase a si mesmo que nunca será garda civil como o seu pai e comezará a recibir clases de mecanografía no casal das Rubias, onde unha familia de mullerres soas, viúvas e orfas, resiste na fronteira entre o monte e o chairo. Mentres descobre un mundo novo grazas ás novelas de aventuras que o converterán noutra persoa. Nino comprende unha verdade que ninguén quixo contarlle. Na Serra Sur estase a librar unha guerra, pero os inimigos do seu pai non son os seus. Tras ese verán, comezará a mirar con outros ollos aos guerrilleiros liderados por Cencerrro, e a entender por que o seu pai quere que aprenda mecanografía. 



Persépolis

Marjane Satrapi


Norma Editorial

Persépolis é a autobiografía de Marjane Satrapi, unha muller iraní nacida en Teherán en 1969 no seo dunha familia progresista. Pero, ademais do retrato da vida da autora, tamén é o reflexo da revolución iraní de 1979 que deu lugar a un goberno islámico e de cómo o viviron as familias do país.

Dende o inicio, coa introdución do velo na vida social e a separación por sexos nas escolas, ata a vida universitarias e as revoltas estudantís. Satrapi fai un repaso á súa vida que se remonta aos seus antepasados, axudándonos a entender as motivacións históricas da revolución islámica,  amosándonos á vez unha opinión crítica co goberno.

domingo, 6 de xaneiro de 2013

Episodios de una Guerra Interminable I "Inés y la Alegría"


«”Inés y la alegría” é a primeira entrega dun proxecto narrativo integrado por seis novelas independentes que comparten un espírito e unha denominación común, “Episodios de una guerra interminable”, para vinculalas, máis aló do tempo e das miñas limitacións, aos Episodios nacionais de don Benito Pérez Galdós... Non se trata de grandes batallas, como Trafalgar ou Bailén.

Os episodios que eu puiden contar son historias igual de heroicas pero moito máis pequenas, momentos significativos da resistencia antifranquista, que abarcan, dende perspectivas moi distintas, case corenta anos de loita ininterrompida, un exercicio permanente de rabia e de carraxe no contexto dunha represión feroz. Unha determinación tan firme que durante moitos anos pareceu un suicidio, pero sen o que nunca tería  chegado a ser posible a España aburrida, democrática, desde a que eu poida permitirme o luxo de evocala.» 

Almudena Grandes


Tusquets (2010)

Toulouse, 1939. Carmen de Pedro, responsable en Francia dos decimados comunistas españois, crúzase con Jesús Monzón; anos despois, en 1944, Monzón contará cun exército de homes dispostos a invadir España. Entre eles está Galán, quen cre que, tras o desembarco aliado e a retirada dos alemáns, é posible establecer un goberno republicano en Viella. Non lonxe de alí, Inés, que apoiou a causa republicana durante a guerra, oe ás agachadas o anuncio da operación Reconquista de España en Radio Pirenaica, e ármase de valor, e de secreta alegría, para deixar atrás os peores anos da súa vida.



Os Nenos Numerados


Homenaxe a Xoán Farias en  O Segrel (Abril 2011)

domingo, 16 de decembro de 2012

Mi Hermana Vive sobre la Repisa de la Chimenea

Annabel Pitcher

Siruela (2011)


Pouco antes de cumprir os dez anos, o pequeno Jamie vaise a vivir ao norte de Londres co seu pai separado, a súa irmá adolescente Jasmine e o seu gato Roger coa intención de comezar dende cero. Xa pasaron cinco anos dende a morte de Rosa, a irmá xemelga de Jasmine, nun atentado terrorista islámico en Londres. Os seus pais non conseguiron superar a dor e semella que Jasmine tampouco: Tínguese o pelo de cor rosa, faise piercings e ten decidido non comer. A familia veuse abaixo. Pero en todo ese tempo Jamei non ten derramado unha soa bágoa. Para el Rose, cuxas cinzas repousan na repisa da cheminea, non é máis que unha afastada lembranza. Interésanlle moito máis o seu gato Roges, a camiseta de Spiderman que lle agasallaron polo seu aniversario ou que o seu pai non se dea de conta de que se fixo amigo dunha nena musulmá paquistaní. Un día, vendo na televisión un anuncio que busca novos talentos que saiban cantar, convéncese de que iso pode facer que as cousas muden e que toda a familia sexa quen de saír cara adiante.

domingo, 2 de decembro de 2012

El Bolígrafo de Gel Verde

Eloy Moreno


Espasa

Pode alguén vivir en 445 m2 durante o resto da súa vida?
Seguramente si, seguramente vostede coñece a moita xente así. Persoas que se desprazan por unha cella sen estar presas, que se erguen cada día sabendo que todo vai a ser igual que onte, igual que mañá; persoas que a pesar de estar vivas séntense mortas.
Ésta é a historia dun home que foi quen de facer realidade o que cada noite imaxinaba baixo das sabas: comezalo todo de novo. Fíxoo, pero pagou un prezo demasiado alto...

sábado, 1 de decembro de 2012

O Carteiro de Bagdag

 Marcos Calveiro


Miguel Ángel Díez (Ilustrador)

Tambre (2008)

Estamos en Bagdag, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d'As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúas. 

Alleo a todo Ibrahim reparte o correo na súa moticilceta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.

Unha historia de amizade, de loita, de intriga...

martes, 20 de novembro de 2012

Corto Maltés

Hugo Pratt

Norma

Novela gráfica europea de culto, verdadeira lenda da literatura do século XX.  

Corto Maltés é unha serie de historias de aventuras obra do autor italiano Hugo Pratt protagonizadas polo seu homónimo, un marino antiheroe que prefire a liberdade antes que a súa propia saúde, un moderno Ulises que nos leva de viaxe por todo o mundo. 






luns, 19 de novembro de 2012

A Mansión dos Pampín

Miguelanxo Prado

Proxecto Terra (2007)


Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor. Desenvolvido no marco do Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Un proxecto de cooperación co mundo da educación dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co obxectivo de contribuir a mellorar o coñecemento que a rapazada debe ter da nosa Arquitectura e da nosa Identidade Territorial.

Tivo dúas edicións, comercialmente en castelán, publicada por Norma Editorial, e mais unha edición no orixinal en galego, da Consellería de Política Territorial en colaboración co COAG. O Proxecto Terra levou o premio á mellor iniciativa galega a prol da banda deseñada 2004, que otorgan o Concello de Ourense e a Casa da Xuventude de Ourense. 

 
A mansión dos Pampín

martes, 9 de outubro de 2012

Xa Estamos Aquí !

Comezamos un ano máis, e con este xa van seis, a nosa andaida arredor dos libros e a lectura, e de que xeito...!
Este curso temos tres clubs de lectura, dous formados por alumnado da ESO, cada un deles con 20 rapaces e rapazas, e un de pais e nais que aínda está sen pechar.

O club da rapazada de 1º e 2º de ESO reunirase os primeiros martes de cada mes e velaí tedes a selección de lecturas feita para eles:
“Cando petan na porta pola noite” Xabier Docampo
“O carteiro de Bagdad” Marcos Calveiro
“Os nenos numerados” Juan Farias
“Lúa do Senegal” Agustín Fdez. Paz
“O ladrón de soños Fco. Cimadevilña
“La evolución de Calpurnia Tate” J. Kelly
“As cousas de Ramón Lamote” Paco Martín
“La fórmula preferida del profesor” Yoko Ogawa 

O club da rapazada de 2º, 3º e 4º de ESO reunirase os terceiros martes de cada mes. Con este grupo nos adentraremos no mundo do Cómic e a Novela Gráfica. Os títulos elixidos son:
"A mansión dos Pampín" Miguelanxo Prado
“ Blacksad” Juan Días Canales e Juanjo Guarnido
“Persépolis” Marjane Satrapi
“Paracuellos” Carlos Giménez
“ Maus” Art Spiegelman
“ Enrugas” Paco Roca
"María y yo” Miguel Gallardo
“ Nómades” Xosé Tomás
“Pillada por ti” Cristina Durán e Miguel Ángel Giner
“ Bone” Jeff Smith
“Magasin General” Régis Loisel e Jean-Louis Tripp

En cuanto ao grupo formado por pais, nais e amig@s do Segrel reunirémonos o 1º e o 3º martes de cada mes. Como podedes ver, con este grupo teremos "sesión doble" mensual. Os títulos xa os temos elixidos dende finais do curso pasado.
As fronteiras do medo”  Agustín Fdez. Paz
“Ines y la alegría”  Almudena Grandes 
“El lector de Julio Verne” Almudena Grandes 
“Contra el viento” Ángeles Caso 
“Mi hermana vive  sobre la repisa de la chimenea” Annabel Pitcher 
“Morgana en Esmelle” Begoña Caamaño 
“Olive Kitteridge” Elisabeth Strout 
El bolígrafo de gel verde” Eloy Moreno 
"Mil soles espléndidos" Khaled Hosseini 
La suma de los días” Isabel Allende 
“Palmeras en la nieve” Luz Gabas 
“Cartas cruzadas” Markus Zusak 
“La sociedad literaria y el pastel de piel de patata” Mary Ann Shaffer

Se queredes seguirnos na rede, so tedes que facer os vosos comentarios ás entradas das distintas sesións de calquera dos noso clubes. Serán moi benvidos!!



venres, 15 de xuño de 2012

Comida Despedida Club de Lectura

Hoxe, venres día 15 de xuño, os membros do Club de lectura de pais, nais e profesorado, celebramos, como xa ven sendo habitual dende o primeiro curso que se organizou o Club, hai xa seis anos, a comida de despedida de curso.

Faltaron, e vaia que se os botamos en falta, Isabel, Meren, Mari Carmen, Rosa, Chelo, Marga, Inma e David, pero non por iso quedarán sen o seu agasallo... a súa bolsa estará lista a vindeira semana.

Foi unha comida ben agradable, á que se uniron algúns dos membros do equipo da biblioteca, e, como xa é costume, co café chegaron os xa tradicionais "deberes" para o verán. Unha bolsa e un bolígrafo do Segrel, unha libreta, un marcalibros, un CD de música folk, jazz, blues...(a novidade deste ano) e tres libros dos xa seleccionados para o vindeiro curso, que como este nos centramos en algúns dos clásicos da literatura galega que ninguén debería perderse, nesta ocasión casi todos son en castelán. 

Os libros elixidos son:

Allende, Isabel “La suma de los días
Caamaño, Begoña Morgana en Esmelle
Caso, ÁngelesContra el viento
Fdez. Paz, Agustín “As fronteiras do medo
Gabas, Luz Palmeras en la nieve
Grandes, Almudena El lector de Julio Verne
Grandes, Almudena Ines y la alegría
Hosseini, Khaled "Mil soles espléndidos"
Moreno, Eloy: “El bolígrafo de gel verde
Strout, ElisabethOlive Kitteridge
Zusak, Markus Cartascruzadas

E despois de feito o reparto, no que todos quedaron encantados cos títulos que lles incluímos nas súas bolsas, fixéronme entrega dun agasallo que nunca deixará de emocionarme. Un fermosísimo ramo de flores e unha marabillosa libreta que xa está a formar parte da miña colección particular. É que algunhas son tan fermosas que non son quen de estrenalas... bueno, neste caso a estrenaron cos seus agarimosos comentarios.

Graciñas a tod@s por seguir un ano máis compartindo lecturas e risas no Segrel. Ata a volta!!




Enquisa Club de pais, nais e profes




venres, 8 de xuño de 2012

Todo é Silencio


Xerais 

"Todo é silencio" narra o irresistibel ascenso social de mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que el domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. "Todo é silencio" narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar ás crebas, á procura de restos de naugraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e angaiolante a un tempo do onmipresente Mariscal. Unha novela, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o estraño feitizo da condición humana.




sábado, 12 de maio de 2012

Cousas

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Galaxia

Cousas é unha colección de coarenta e cinco relatos satíricos breves onde Castelao presenta, de xeito moi crítico, a Galicia da época e faino cun estilo breve, conciso, sen pararse en descripcións típico do autor.

En todas as Cousas hai unha ilustración do propio autor que acompaña o texto. Debuxo e texto compleméntanse entre si neste xénero narrativo propio de Castelao, unha das xoias da literatura galega.




sábado, 5 de maio de 2012

A Esmorga

Eduardo Blanco Amor

Galaxia

A Esmorga foi a primeira obra narrativa en idioma galego que publicou Blanco-Amor, i é, xa que logo, unha das máis singulares da literatura galega dos nosos días. Nela, con independencia da riqueza técnica, destácase a riqueza da linguaxe, o humor que caracteriza grande parte da obra do autor, e un mundo de picaresca que se ten realidade nas vilas e cidades de Galicia, non tivo deica a aparición deste libro expresión literaria. Pódese dicir que A Esmorga é, en verdade, a primeira narrativa da picaresca galega, feita co ár trouleiro que se axeita ao temperamento do pobo, retranqueiro e ledo. É a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal.

A esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.

Sobre esta novela escribiu o filólogo portugués, Profesor Rodrigues Lapa: "É unha novela estraña e poderosa, cuxos personaxes recórtanse, fortes e palpables, no escenario da vella Auria, falando un idioma de excelente sabor popular. Nada lle falta pra que poida ser considerada como unha pequena obra mestra"


Ruta da Esmorga