sábado, 22 de marzo de 2014

La Ladrona de Libros

Markus Zusak

Editorial Lumen, 2007


En plena II Guerra Mundial, a pequena Liesel atopará a súa salvación na lectura.

Unha preciosa novela, tremendamente humana e emocionante, que describe as peripecias dunha nena alemana de nove anos dende que é dada en adopción pola súa nai ata o final da guerra. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta ao nazismo, ensínalle a ler e a través dos libros Rudy consegue distraerse durante os bombardeos e combater a tristura. Pero é o libro que ela mesma está a escribir o que finalmente lle salvará a vida.

venres, 7 de marzo de 2014

La Voz Dormida

Dulce Chacón

Alfaguara (2002)

Dedicada, tal e como escribe a autora “aos que se viron obrigados a gardar silencio”. A historia desenvólvese na posguerra civil española entra a madrileña cárcere das Ventas e unha pequena pensión na rúa Atocha. Está estruturada en tres partes e abrangue dende o ano 1939 ata o 1963.

Un grupo de mulleres encarceradas irán relatando como foron as súas vidas antes de entrar na prisión das Ventas e os motivos da súa detención, cales son as súas convicións, os seus medos e as penurias que terán que pasar unha vez dentro do cárcere.


Blog da Película

Primeiras páxinas

Libro do Ano 2002

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Ámote Leo A. "Destino Xalundes"

Rosa Aneiros

Xerais (2013)

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oidos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin un día máis nin un día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fasciantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados. Ámote Leo A. Quen estará detrás da misterios mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.

domingo, 12 de xaneiro de 2014

A Miña Planta de Laranxa Lima

José Mauro de Vasconcelos

Primerapersona (2003)

Unha novela con trazos autobiográficos, que conta as aventuras e desventuras de Zezé, un neno de cinco anos que quere ser poeta a levar garabata de lazo, pero a quen a vida lle ten reservada unha existencia rodeada da máis absoluta miseria e incomprensión. É, neste sentido, un documental social e un retrato do Brasil máis desfavorecido, o da pobreza máis absoluta, pero é tamén un documento cargado de lirismo, trazado con sensibilidade, axilidade e unha sinxeleza estilística desbordante.


venres, 10 de xaneiro de 2014

Los Pazos de Ulloa

Emilia Pardo Bazán

Cátedra

Nos Pazos de Ulloa, recóndito e salvaxe paraxe de Galicia, en 1880 a vida está marcada pola relixión, a bruxería, a política e as paixóns. A chegada de Xulián a Ulloa, un sacerdote delicado e sensible, terá imprevistas consecuencias. O Marqués de Ulloa, rudo e pasional, vese obrigado a contraer matrimonio con Nucha, unha rapaza de cidade, para quen o ambiente dos pazos é unha pesadiña. Sabel, a criada de gran beleza, e que tivo un fillo bastardo do Marqués, é a figura oposta a Nucha.


A montaña galega, o caciquismo e a decadente nobreza rural son analizados pola condesa Emilia Pardo Bazán. O progreso urbano, representado por Xulián o novo sacerdote, e a barbarie rural, encarnada en Primitivo, contrapóñense nun mundo dominado por unha natureza violenta, inmoral e sensual, cuxa posibilidade de transformación será posta en cuestión.







sábado, 14 de decembro de 2013

Cumbres Borrascosas

Emily Brontë

Cátedra (1970)

A única novela de Emily Bronte, unha novela apaixonada e tempestuosa, que se desenvolve nunha paisaxe singular, os sombríos páramos de Yorkshire, cuxa sensibilidade se adiantou ao seu tempo.

Cumbres Borrascosas é a narración dunha historia dramática. Heathcliff é un neno abandonado que o Señor Earnsha recolle e leva á súa casa, Cumbres Borrascosas, e decide crialo como ao seu fillo. O rapaz de seguido gaña a confianza e o afecto de Cathy, a filla do dono da casa, e o odio do irmá maior desta, Hindley.

Unha historia de amor, vinganza e odios, de paixóns desatadas e amores desesperados que van máis aló da morte, unha historia dominada pola poderosa e hosca figura de Heathcliff. 

Un clásico da literatura inglesa da que se fixeron múltiples adaptacións para o teatro, a televisión e o cine, na que destacamos a feita no ano 1939 polo extraordinario director William Wyler e da que hoxe disfrutaremos nunha sesión de "Cine palomitas" coa que celebraremos a chegada do Nadal e o cumpleanos de Yolanda, sen esquecer no eido da música o single "Wuthering Heiths" co que debutou a cantante inglesa Kate Bush no ano 1978.

“-Tan poco me importa casarme con Edgardo Linton como ir al cielo; y si ese malvado de mi hermano no hubiera rebajado tanto a Heathcliff, yo no habría pensado en ello. Ahora sería rebajarme yo si me casara con Heathcliff, y nunca sabrá cómo le amo, aunque no precisamente por guapo, Elena, sino porque él es más, mucho más que yo misma. Sea cualquiera lasustancia de que estén hechas nuestras almas, la suya y la mía son idénticas. Y la de Edgardo es tan distinta, como el rayo de luna del relámpago, o como el fuego del hielo.

Antes de que ella terminara de hablar me di cuenta de la presencia de Heathcliff…”

venres, 13 de decembro de 2013

La Bibliotecaria de Auschwitz

Antonio G. Iturbe

Planeta (2012)

Sobre a lama negrade Auschwitz que todo o engule, Fredy Hirsch levanta en secreto unha escola. Nun lugar onde os libros están prohibidos, Dita, unha rapaza de 14 anos, agocha baixo o seu vestido, os fráxiles volumes da biblioteca pública máis pequena, recóndita e clandestina que teña existido nunca. 

No medio do horror, Dita danos unha marabillosa lección de carraxe: non se rende e nunca perde as gañas de vivir nin de ler porque, aínda nese terrible campo de exterminio, "abrir un libro é como subirse a un tren que te leva de vacacións"

Entrevistas a Dita Kraus










La Bibliotecaria de Auschwitz.pdf

luns, 25 de novembro de 2013

El Diario Violeta de Carlota

Gemma Lienas

El Aleph (2001)

O diario Violeta de Carlota non é unha novela. Tampouco un diario íntimo calquera. Carlota, animada polo xogo que lle propón a súa avoa, observa o mundo coas "gafas violetas" e comproba que aquelas situacións cotiás que parecían incuestionables resulta inxustas e discriminatorias. Quen inventou que en asuntos amorosos os rapaces teñen que tomar a iniciativa? Por que a cor azul ten que ser a dos rapaces e a rosa, a das rapazas? Por que está mal visto que choren os mozos? Por que non poden amosar medo? Por que é máis importante o aspecto físico das mozas que o dos mozos? Carlota descobre tamén o horror das cifras: o 70% dos pobres da Terra son mulleres, o 65% dos analfabetos da Terra son mulleres...

O Diario Violeta de Carlota é unha guía subversiva que nos invita a reflexionar  - ás veces con humor, outras con rabia e moitas veces con impotencia - sobre a situación da muller no mundo actual e nos anima a continuar "a cadea violeta". Necesitarás as gafas de cor violeta para descubrir situacións inxustas coa muller e para detectar cando actuamos segundo uns modelos impostos.
Ponas!

Premio Internacional Unesco 2003 a la Tolerancia - Mención de Honor

luns, 18 de novembro de 2013

El fantasma anidó bajo el alero

Emilio Pascual

Anaya (2003)

Non sempre se ten a sorte de que che conte contos unha pantasma; non sempre o dubidoso privilexio de asustalo; tampouco a fortuna de que as historias que te contaba no silencio da noite che abriran máis tarde as portas de outras que che descifrarán o seu misterio. Non sempre, pero a veces si. Pois, se quen cho conta te quere, e o fai coa alma na boca, sen outra luz e guía, senón a que no corazón ardía, oirás co mesmo amor, cun entendemento oculto, o mesmo "O soldadiño de chumbo" que Hegel ou Platón ou "A Odisea"



Ítaca



Cuando emprendas tu viaje a Itaca
pide que el camino sea largo,
lleno de aventuras, lleno de experiencias.
No temas a los lestrigones ni a los cíclopes
ni al colérico Poseidón,
seres tales jamás hallarás en tu camino,
si tu pensar es elevado, si selecta
es la emoción que toca tu espíritu y tu cuerpo.
Ni a los lestrigones ni a los cíclopes
ni al salvaje Poseidón encontrarás,
si no los llevas dentro de tu alma,
si no los yergue tu alma ante ti.
Pide que el camino sea largo.
Que muchas sean las mañanas de verano
en que llegues -¡con qué placer y alegría!-
a puertos nunca vistos antes.
Detente en los emporios de Fenicia
y hazte con hermosas mercancías,
nácar y coral, ámbar y ébano
y toda suerte de perfumes sensuales,
cuantos más abundantes perfumes sensuales puedas.
Ve a muchas ciudades egipcias
a aprender, a aprender de sus sabios.
Ten siempre a Itaca en tu mente.
Llegar allí es tu destino.
Mas no apresures nunca el viaje.
Mejor que dure muchos años
y atracar, viejo ya, en la isla,
enriquecido de cuanto ganaste en el camino
sin aguantar a que Itaca te enriquezca.
Itaca te brindó tan hermoso viaje.
Sin ella no habrías emprendido el camino.
Pero no tiene ya nada que darte.
Aunque la halles pobre, Itaca no te ha engañado.
Así, sabio como te has vuelto, con tanta experiencia,
entenderás ya qué significan las Itacas.
                                              C. Kavafis
Homero, "La Odisea"




La Sonrisa Etrusca

José Luis Sampedro

Alfaguara



Un vello campesiño calabrés chega á casa dos seus fillos en Milán para facerse unha revisión médica. Alí descobre o seu último amor, unha criatura na que botar toda a súa tenrura: o seu neto, que se chama Bruno, como a el lle chamaron os seus camaradas partisanos. Tamén alí vive a súa última paixón: un amor que cobre coa súa luz os últimos momentos dunha vida que, no seu fin, pode sentir a súa propia plenitude.


 El sarcófago de los esposos (S VI a. C.)
Entrevista a José Luis Sampedro:

martes, 11 de xuño de 2013

"Cine Palomitas" La Caja de Música

Director: Costa Gavras

Música: Philippe Sarde


Despois da lectura da fantástica novela de Clara Usón "La hija del Este", decidimos rematar o curso coa película "La caja de música" do gran Costa Gavras

A historia de Ann unha avogada que no transcurso dun controvertido xuizo, irá descubrindo a verdadeira personalidade do seu pai, moi similar á historia de Ana, a filla do xeneral Ratko Mladic, na que se basa a novela de Clara Usón. 



Se queredes ler a crónica da xuntanza...

luns, 10 de xuño de 2013

Mil Soles Espléndidos

Khaled Hosseini

Salamandra

A conmovedora historia de amizade entre dúas mulleres afgás de orixes moi dispares, cuxos destinos se entrelazan por obra do zar e das convulsións que sufriu Afganistán nos últimos trinta anos. Filla lexítima dun home de negocios rico, Mariam críase coa súa nai nunha modesta vivenda nas aforas de Jeral. Aos quince anos, a súa vida cambia drasticamente cando o seu pai a envía a Kabul para que case con Bashid, un fusco zapateiro trinta anos maior que ela. Case dúas décadas máis tarde, Rashid atopa nas rúas de Kabul a Laia, unha rapaza de quince anos sen fogar. Cando o zapateiro lle ofrece acubillo na súa casa, que terá que compartir con Mariam, entre as dúas mulleres xorde unha relación que acabará sendo tan fonda como a de dúas irmás, tan forte como a dunha nai coa súa filla. A pesares da diferenza de idade e das distintas experiencias que a vida lles tiña deparado, a necesidade de afrontar as terribles circunstancias que as rodean, tanto de portas dentro como na rúa, onde a violencia política asola o país, fará que Mariam e Laila vaian forzando un vínculo indestrutible que lles dará a forza necesaria para superar o medo e dar cabia á esperanza. 




Encontro co Club de Lectura da BM de Ares
Martes 11, ás 16.30
No Segrel do Penedo

martes, 4 de xuño de 2013

Faneca Brava

Manuel Portas

Xerais


A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida se cadra, hai moitos. Algúns mesmo chegan a ser recoñecidos pola forza desa singularidade. No caso das mulleres -se cadra non, seguro-, o recoñecemento é para moi poucas. A vara de medir non é a mesma. Mais elas están aí, Concha está aí. Só de cando en vez, a vida anónima dalgunha muller coma ela sae á luz e eríxese, grandiosa, na afirmación da súa rebeldía. A familia Pereira, o clan de Concha, alicerzaba a súa identidade na gran mentira da aparencia. Só Fernando foi quen de buscar a verdade da súa curmá. A historia da Faneca Brava non é das que se escriban con pomposas letras maiúsculas, pero é tan real e intrigante que enche ao lector ou lectora do desexo de pescudar toda a verdade sobre esa "ovella negra" dunha familia que a fixo desaparecer da súa existencia.



venres, 24 de maio de 2013

La Hija del Este

Clara Usón 

Seix Barral


Boa moza, intelixente, extravertida, Ana ten un gran futuro por diante. É a mellor alumna da súa promoción de medicina en Belgrado e o orgullo do seu pai, o xeneral Ratko Mladic, a quen ela adora. Unha noite, de volta dunha viaxe de fin de curso a Moscú e con tan so 23 anos, Ana Mladic colle a pistola predilecta do seu pai e toma unha decisión que marcará a vida da súa familia para sempre.

Que aconteceu en Moscú? Viu Ana a otra cara do seu pai, para ela un heroe, para moitos un criminal de guerra? A traxedia de Ana Mladic confire unha dimensión familiar, real e próxima ao terrible drama da guerra dos Balcanes, a última contenda europea e o transfondo desta absorbente novela.

Historia

Crísticas da Novela

Actualizado Martes 28 Maio: Reunión Club lectura O Segrel e Club Lectura BM Ares 

Cómics !!


Este curso, o Club de lectura de alumnado de 3º e 4º de ESO, dedicámonos a ler cómic e novela gráfica. o BM de Fene e a BM de Redondela, que dispoñen dun bo fondo. A todos eles agradecerlles a súa extraordinaria colaboración.
que nos dou bastantes quebradeiros de cabeza para facernos cun exemplar para cada un, xa que somos 20 e, dado o elevado custo destes exemplares, non podemos mercar máis dun exemplar para o centro. Pero botamos man dalgún centro amigo e sobre todo da 

Na anterior xuntanza deste grupo, fixemos algo que non é habitual, pero debido ao que vimos de expoñer decidimos que nesta ocasión cada un de nós levara un título distinto a escoller entre o noso fondo de cómic que é bastante bo e cada quen comentara a súa opinión nas dúas últimas xuntanzas. 



O vindeiro martes comenzan os encontros, xa veremos cales son os favoritos!!

luns, 29 de abril de 2013

As Fronteiras do Medo

Agustín Fernández Paz

Rodeira (2012)

As historias de terror teñen o efecto de remover nos seres humanos os medos atávicos que a civilización tenta ocultar baixo a aparencia da razón, a ciencia e o control. Mais todos sabemos da existencia de feitos que contradín toda lóxica, de realidades que fan abanear as nosas crenzas, por noito que pechemos os ollos e nos neguemos a admitilas. Nas páxinas deste libros, Agustín Fernández Paz mergúllanos en seis historias que traspasan "as fronteiras do medo"

Ler o 1º Capítulo

Blog do Agustín Fernández Paz

Entrevistas a AFP



venres, 12 de abril de 2013

Maus

Art Spiegelman

Random House Mondadori


Maus é a biografía de Vladek Spiegerman, un xudeo polaco supervivinte dos campos de exterminio nazi, contada polo seu fillo Art, un debuxande de cómics que quere deixar memoria da aterradora persecución que sufriron millóns de persoas na Europa sometida a Hitler e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores.


Art Spiegerman aproxímase ao tema do Holocausto dun xeito absolutamente renovador, e para elo relata a experiencia da súa propia familia en forma de memoria gráfica, utilizando todos os recursos estilísticos e narrativos tradicionais deste xénero e, á vez, inventando outros novos. A radicalidade narrativa desta obra marcou un antes e un despois no universo da novela gráfica, e por ese motivo obtivo o primeiro e único premio Pulitzer outorgado a un cómic. 

Vía Norma Edicións

Máis información en:                                                          In English:

Guía del Cómic                                                               Teacher's Guide

Tebeosfera                                                                      Study Questions

Guía Didáctica (Catalán)                                                   Reading Questions and Resources


xoves, 4 de abril de 2013

Cartas Cruzadas

Markus Zusak

Lumen

Coñeces realmente á xente que máis che quere? Saben con que soñan os teus mellores amigos? Atréveste a descubrir algo insólito de ti mesmo?

Ed Kennedy é un rapaz calquera nun suburbio calquera dunha gran cidade. Vive nun apartamento en non moi boas condicións na compaña do seu can e se gaña a vida de taxista. Acompáñano unha panda de amigos que pouco ou nada lle piden á vida, pero de repente algo acontece e Ed terá unha misión que cumprir. Día tras día, noite tras noite, o rapaz irá descubrindo que o afecto, a amizade e o amor non son palabras valeiras senón verbos vivos: Se queres saber, pregunta; se pretendes axudar, actúa; se queres cambiar, non esperes. A miúdo, son os pequenos xestos os que moven o mundo e Markus Zusak demóstranos que cada un de nós, incluso un mozo calquera nun suburbio calquera, pode dar o primeiro paso.

mércores, 3 de abril de 2013

La Fórmula Preferida del Profesor

Yoko Ogawa

Ed. Funambulista (2009)

Yoko Ogawa cóntanos, dun xeito moi delicado, a historia dunha nai solteira que entra a traballar de asistenta na casa dun vello e túzaro profesor de matemáticas que perdeu, nun accidente de coche, a autonomía da súa memoria, que so lle dura 80 minutos, excepto para a súa disciplina. Apaixonado dos números, o profesor irá encariñándose coa asistenta e o seu fillo de 10 anos, ao que bautizou "Root" (raíz cadrada en inglés) e con quen comparte a paixón polo béisbol, ata que se fragua entre eles unha verdadeira historia de amor, de amizade, unha historia de aprendizaxe e crecemento persoal, unha historia de transmisión do saber, non só matemático. Unha historia que nos amosa ata que punto as matemáticas poden chegar a emocionarnos.

Guía didáctica 1

Guía didáctica 2