xoves, 12 de xaneiro de 2017

La Noche de los Niños

Toni Morrison

Óscar Astrommujoff (Ilustrador)

Lumen (2016)


Bride é unha nena que herdou dos seus devanceiros unha cor de pel moi negro que sorprende a toda a familia, de pel clara, e provoca o abandono do seu pai. Pasados os anos, a rapaza transfórmase nunha fermosa empresaria de éxito, pero a alongada sombra da infancia planea sobre a súa vida adulta e da súa parella. Un bo día, e sen explicación algunha, Bride asiste impotente ao abandono de Booker, o home ao que ama. Outra vez o rexeitamento, outra vez a culpa... e por fin unha viaxe iniciática en busca da redención, que so chegará cando desde a negrura asome ao verdadeiro eu de Bride.

BANDA SONORA
TONI MORRISON 

venres, 6 de xaneiro de 2017

O Derradeiro Libro de Emma Olsen

Berta Dávila

Galaxia (2014)


Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Máis Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para revelarnos unha historia de segredos agochados moito tempo. E por iso regresa a Faith, a pequena cidade perdida do Medio Oeste norteamericano na que naceu, un lugar no que semella non acontecer nada interesante nunca, máis que garda, soterrado, un universo de mentiras e conflitos entre os seus poucos e singulares habitantes.

Banda Sonora


  • Premio Narrativa Breve Repsol 2013
  • Premio Ánxel Casal ao mellor libro de fición 2013
  • Premio Guillermo de Baskerville ao mellor libro independente 2015

Blog da autora

Entrevistas a Berta Dávila:

TRAILER DA NOVELA


luns, 2 de xaneiro de 2017

Un Monstro Ven a Verme

Patrick Ness

Factoría K (2016)


Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu unha madrugada ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo, moi vello, e viña con toda a forza da natureza reclamando algo moi importante: o segredo máis oculto de Conor, un rapaz que -malia estar asustado ante a dureza coa que se lle presenta a vida; a doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a longa distancia que o separa do pai, os problemas na escola- ten que asumir a verdade, a súa realidade. 


A novela orixinal na que se basa a película, inspirada nunha idea de Siobhan Dowd e marabillosamente ilustrada por Jim Kay.

Esta edición especial de Reservoir Books, contén material adicional exclusivo. A historia do libro por Patrick Ness; dibular un monstro por Jim Kay; como se fixo a película polo seu director J. A. Bayona, así como entrevistas con Liam Neeson, Sigourney Weaver, Felicity Jones e Lewis MacDougall.


Un bo agasallo para este nadal!!



luns, 19 de decembro de 2016

Rúa Carbón


Xerais (2005)

Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A piques de cumprir os dezasete anos, Maite, a súa nai, contaralle que Iñaki, o seu pai biolóxico, foi, coma ela mesma, militante de ETA político-militar e morreu, antes de que Paula nacese, cando colocaba un coche bomba. O desvelamento deste segredo e as vacacións que pasará en Euskadi na casa das avoas Edurne e Nekane provocarán na vida de Paula unha conmoción tremenda e un nó moi difícil de desanobelar na procura do descubrimento da imaxe do pai.

A Banda Sonora

luns, 12 de decembro de 2016

Desde la Sombra


Seix Barral (2016)

Damián séntese confuso dende que perdeu o seu traballo. Un día comete un pequeno furto nun mercado de anticuarios e agóchase no interior dun armario. Antes de que poida saír, o armario é vendido e trasladado á habitación de matrimonio de Lucía e Fede, onde Damián acaba instalado, coma se formara parte do moble.

Dende este agocho, Damián observa a esta familia. Deste xeito irase achegando ao corazón de Lucía, aos seus medos e os seus soños, e ao facelo saberase por fin respectado e comprobará de todo o que é quen de facer ao sentirse vivo.

Entrevista co autor

sábado, 10 de decembro de 2016

O Corazón de Xúpiter

Ledicia Costas

Xerais (2012)



Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter; onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real... Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2012


Video Amanda Todd

mércores, 7 de decembro de 2016

Coraline


Neil Gaiman

Salamandra (2009)



Ao día seguinte de mudarse de casa, Coraline explora as catorce portas do seu novo fogar. Trece pódense abrir con normalidade, pero a decimocuarta está pechada e tapiada. Cando ao fin consegur abrila, Coraline atopa un pasadizo segredo que a leva a outra casa, tan semellante á súa que resulta arrepiante. Sen embargo, hai certas diferenzas que chaman a súa tención: a comida é máis rica, os xoguetes son tan descoñecidos como marabillosos e, sobre todo, hai outra nai e outro pai que queren que Coraline quede con eles e se converta na súa filla e non mrche nunca.

Axiña Coraline dáse de conta de que, tras os espellos, hai outros nenos que caeron na trampa. Son como almas perdidas, e agora ela é a súa única esperanza de salvación. Pero para rescatalos terá tamén que recuperar aos seus verdadeiros pais, e cumprir así o desafío que lle permitirá volver á súa vida anterior.


- "Os gatos non temos nome.
- Non? - Dubidou Coraline.
- Non - Corroborou o gato. Vós, as persoa, tedes nomes porque non sabedes quen sodes. Nós sabemos quen somos, por iso non necesitamos nomes". 
-"Cando tes medo, pero aínda así o fas, iso é valentía"
- "Non quero ter todo o que desexo. Ninguén o quere, non é verdade. Onde estaría a gracia se tivese todo o que quero así como así? É iso e nada máis. E despois que?"

A película "Os mundos de Coraline" 

xoves, 1 de decembro de 2016

Club Lectura de Manga

Este curso organizamos un club de lectura específico de Manga. Todo un éxito!!.


(Clicade na imaxe para ir ao álbum)
Forman parte del alumnado de 3º e 4º ESO, e 1º Bacharelato. Un club dirixido totalmente polo alumnado, eles son os encargados de organizar actividades, recomendar lecturas... e estanno a facer fantásticamente ben. 

O pasado martes María Afonso, alumna de 4ºESO, unha grande aficionada, preparou unha presentación en Prezi para achegarnos ao Anime.

Graciñas María!!


E os fondos da nosa biblioteca xa teñen unha sección específica de Manga, comezamos ben, non si?

Vémonos en Xaneiro!!

xoves, 24 de novembro de 2016

Desaparecido

Kei Sanbe

Norma (2013-2016)

"Se puideras retroceder no tempo... que che gustaría cambiar?" 

Ano 2006. Satoru Fujinuma aspira a ser mangaka, pero non ten demasiada sorte porque, entre outras cousas, lle falta empatía e, para poder chegar a fin de mes, ten que traballar como repartidor de pizzas. O que non sabe ninquén é que posúe un don excepcional, pode detectar anomalías e retroceder no tempo, o que lle permite rectificar situacións e evitar accidentes. 

sábado, 19 de novembro de 2016

Orígenes

Amin Maalouf

Alianza (2004)



“Pertenzo a unha tribo que, dende sempre, vive como nómade nun deserto do tamaño do mundo. Os nosos países son oasis dos que fuximos cando se seca o manancial; as nosas casas son tendas vestidas de pedra; as nosas nacionalidades dependen de datas e de barcos. O único que nos vincula, por enriba das xeracións, por enriba dos mares, por enriba da Babel das linguas, é o murmurio dun apelido.» Precisamente ese vínculo é o que leva a Amin Maalouf, en Orixes, a volver os seus ollos cara as súas raíces familiares. Furga na súa memoria para resucitar o destino desta «tribo», os Maalouf, que dende o Líbano que lles viu nacer expandíronse polo mundo para alcanzar terras tan aparentemente afastadas da súa cultura como Cuba. Nesta aventura que cubre no tempo todo un século, Amin Maalouf convoca aos mortos e aos vivos, ás pantasmas dos seus antepasados e aos familiares que o rodean, para explorar as lendas que se tiveron alimentado entre os seus o que lle permite facer o retrato de toda unha época, coas convulsións que levaron ao desmoronamento do Imperio otomán, e forxarse unha idea clara de como eran, como pensaban e o que levou aos Maalouf á diáspora. Uns eran místicos, outros masóns; uns profesores, outros comerciantes, e todos, soñadores políglotas e cosmopolitas. 

xoves, 17 de novembro de 2016

Cartas de Inverno

Agustín Fernández Paz

Xerais (1995)



Despois dunha longa estadía en Québec, o escritos Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobres os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acurdir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira) que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. 

Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.


Cartas de Inverno de Antonio Seijas (BD)


Booktrailer

mércores, 9 de novembro de 2016

As Palabras Poden Matar

Marcos Calveiro

Xerais (2015)


Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar atrás.

venres, 17 de xuño de 2016

Propostas dos Clubs de Lectura da Rapazada do Segrel!!

No mes de xuño, as xuntanzas dos tres clubs da rapazada do Segrel estiveron cheas de propostas de lectura. Propostas feitas por todos e cada un dos membros dos clubs da ESO, e entre esas propostas temos moita e moi variada literatura como podedes comprobar...

                                                                                                                                             





 1ºESO






2º ESO







3ºESO






E destas xuntanzas e da Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada o pasado venres día 10 en Santiago, saiu unha idea que pensamos poñer en práctica o vindeiro curso. No Segrel teremos o noso 1º Club de Manga. Esperámosvos!!

Grazas por outro curso, e con este xa van nove, cheo de lecturas compartidas!!

Sede Felices!!

venres, 10 de xuño de 2016

El Hombre Mojado no Teme la LLuvia


Debate (2010)

Dicía Lorca que “debaixo das multiplicacións hai unha gota de sangue”. Neste libro, Olga Rodríguez amósanos o sangue e a vida que flúen polas rúas de Oriente Medio e que rara vez conseguen asomar tras dos grandes titulares ou as estatísticas.

Cunha sinxeleza limpa de prexuízos e unha humanidade pouco habitual, a autora achéganos a esta conflitiva rexión a traveso dos seus habitantes, homes e mulleres aparentemente comúns cuxas vidas conforman sen querelo a Historia con maiúsculas. Ler este libro é coñecer a Yamila e Minal, que foron torturadas no Irak ocupado; achegarse aos Elhanan, unha familia xudía de Xerusalén  que perdeu á súa filla nun atentado suicida; escoitar a Ibrahim, que viu morrer aos seus amigos en execucións extraxudiciais israelís e viviu o encerro na igrexa da Natividade de Belén; entrar na tenda de campaña dun refuxiado afgán, exiliado no seu propio país; ou suar co esforzo de Ka-reem, un sindicalista pruriempregado exipcio que non renuncia a soñar mentres traballa todas as horas do reloxo.


Na mellor tradición do que unha vez foi o xornalismo, a posibilidade real de coñecer o mundo a traveso das súas xentes sendo testemuña directa do que se narra, este libro é imprescindible para entender unha rexión que se converteu xa no centro da disputa dos grandes conflitos deste novo século.

luns, 23 de maio de 2016

A Neve Interminable


Xerais (2015)

Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.

venres, 20 de maio de 2016

La Ciudad de las Bestias


Debolsillo (2002)

“La ciudad de las Bestias” caracterízase pola súa aventura extrema e polo realismo máxico. Cando a súa nai enferma, Alexander Cold, aos quince anos de idade, é enviado a reunirse coa súa Valente e severa aboa, una periodista da revista International Geographic, nunha expedición ao perigoso e remoto mundo do Amazonas. A súa misión, xunto cos demais do seu equipo, incluíndo un célebre antropólogo, un guía local e a súa pequena filla Nadia; e un médico, é documentar ao lendario Yeti do Amazonas, coñecido como a Besta.


Baixo o denso follaxe das árbores selváticas, Alexandre sorpréndese ao descubrir moito máis  do que podería ter imaxinado acerca dos mundos agochados da selva tropical e sobre a natureza dos humanos. Utilizando a forza do xaguar, o animal totémico que Alexander atopa dentro de si mesmo, e a aguia, guía do espírito de Nadia, os dous mozos son guiados polo Pobo da Xente da Neblina, un grupo indíxena que posúe tanta harmonía co seu entorno, que poden, literalmente, desaparecer, a unha viaxe emocionante e inesquecible ao asombroso e vasto corazón do Amazonas.

sábado, 7 de maio de 2016

Kim

Rudyard Kipling

Ediciones Gaviota (2001)


Kim está considerada como a obra mestra de Kipling e una das grandes narracións de todos os tempos.

Conta a historia de Kimball O’Hara, a quen todos chaman Kim, orfo dun soldado do rexemento irlandés. A acción transcorre na India colonial británica,  onde o mozo Kim sobrevive mendigando polas rúas de Lahore. Están tan arraigado na cultura local que moi poucos saben que é de raza branca.
Kim coñece a un ancián lama tibetano que vai en busca do lendario “Río da Frecha”, un río místico que cambiará o curso da súa vida. O lama proponse atopalo e Kim decide acompáñalo e guialo. Convértese así nun discípulo e xuntos realizan a viaxe por una antiga e lendaria rúa chamada “O Gran Tronco”. Ao mesmo tempo, polo camiño vaise decatando de “O Gran Xogo”, un conflito político entre o Imperio Ruso e o Imperio Británico que agocha unha misión secreta.

De xeito casual recibe un encargo dun espía británico para levar unha mensaxe ao comandante da zona. Pouco a pouco convértese en alguén en quen confiar e é enviado a estudar a unha prestixiosa escola británica. A pesares de que se opón con todas as súas forzas, é obrigado a separarse do lama quen o convence de que é o mellor.

Pasa o tempo e Kim segue mantendo a comunicación co servizo segredo británico, pero tamén co lama polo que sente un gran afecto e respecto. Durante unhas vacacións é recrutado e entrenado como espía e parte da súa educación consiste nun exercicio de memoria visual chamado “O Xogo das Xoias”.

Despois de tres anos de adestramento, recibe a orde de comezar a operar no “Gran Xogo”, aínda que antes lle conceden un descanso que aproveita para verse de novo co lama. Xuntos parten nunha viaxe ao Himalaya en busca do “Río da Frecha”, punto culminante da aventura onde se mesturan o mundo do espionaxe coa espiritualidade e onde o lama dáse de conta de que está confundido e que tería que ter feita a súa busca polas llanuras e non nas montañas.

Ao final, Kim terá que resolver a encrucillada de seguir no “Gran Xogo” ou escoller o camiño espiritual do budismo tibetano.


Viaxe iniciática e novela de aventuras, Kim é unha obra edificante, unha novela que ten cegado a distintas xeracións dende a súa publicación en 1901.