
Primeiro capítulo da novela
. . . . . . . . ."Os libros aprendéronme a pensar, e o pensamento fíxome libre" Ricardo de León


Gonzalo Moure
Álvaro Cunqueiro
Ricardo Gómez
Gabriel García Márquez

Elena O'callaghan i DuchAbdulá vive no deserto, e non coñece outra cor que a da area. Pero o seu avó, que viviu tempos mellores, antes da guerra e do illamento, fálalle de oasis e de vexetación, e do mar. O rapaz consegue deste xeito encher o seu mundo de cor, e expresalo cos lapis e o papel que lle chegan, de cando en vez, nos camións.
As ilustracións amosan as cores do deserto, tan suaves e delicados como a historia deste rapaz que necesita a pintura para comprender mellor o seu propio mundo.
Marie-Sabine Roger
"Escoitaron vostedes falar algunha vez dos Morcegos de Canido? Dos Pantasmas de papel de Neda? Do Sansaliber de San Sadurniño? Do Segrel de Fene? Dos siareiros de Sofía ou de Saturnino Hermida? Saben vostedes de que lles falo? Fálolles da gran revolución silenciosa que está a sacudir dende hai uns anos as bibliotecas públicas de Galicia, tanto as dos centros de ensino como aquelas municipais. Falo dos clubs de lectura. Quen se interesa polos libros, dirán? Se á xente nova non lles gusta ler, pertencen á xeración nin-nin que nin estudan nin traballan nin unha cousa nin todo o contrario, esa xuventude tan formada e tan analfabeta para os libros... Trabúcanse. Nunca tanto se leu coma hoxe en día. Nunca houbo adolescentes con tanto acceso nin tanta implicación coa lectura. Actualmente están funcionando douscentos clubs de lectura en centros de secundaria en Galicia. Estes clubs acollen tanto a alumnado como a pais e nais que participan do coloquio, que comparten a extraordinaria experiencia lectora. Ademais destes douscentos centros están aqueles vinculados a bibliotecas municipais, tamén as que nacen ao abeiro dos centros de primaria. Só nos institutos hai en Galicia máis de cinco mil persoas que semana a semana partillan libros. Cinco mil. Pais, nais, alumnado que se enredan, que aman e odian, que medran, que coñecen a partir das páxinas dos libros.
Non se conforman. Sempre queren máis..."Os títulos elixidos son, na súa maioría, algún dos nosos clásicos que ninguén debería perderse:
· Neira Vilas, Xosé: Memorias dun neno labrego
· Dieste, Rafael : Dos arquivos do trasno
· Martín, Paco : Das cousas de Ramón Lamote
· Rosnay, Tatiana de : La llave de Sarah
· Roger, Marie Sabine : Tardes con Margueritte
· García Márquez, Gabriel: Cien años de soledad
· Méndez Ferrín, Xosé Luis: Arraianos
· Blanco Amor, Eduardo: A esmorga
· Cunqueiro, Álvaro: Merlín e familia
· Rivas, Manuel : Todo é Silencio
· Navarro, Julia : Dime quien soy
· Castelao: Cousas
· Casares, Carlos : Ilustrísima
Cada un dos membros do club levou tres títulos que o 27 de xullo, ás 12 da mañá, en O Segrel, e arredor dun bo café, intercambiaremos, co fin de que cando chegue o primeiro trimestre do curso todos teñamos lidos tres ou catro deses títulos. Un xeito de seguir, aínda que na distancia, compartindo lecturas no verán que poñeremos en común no inverno.
A comida rematou cun fermoso agasallo, que nunca deixa de emocionarnos. Nesta ocasión foi un precioso ramo de flores e un marabilloso caderno de notas que xa estrearon cunhas fermosísimas e agarimosas dedicatorias.
Graciñas por permitirme seguir aprendendo e compartindo unha das miñas paixóns con todas e todos vós. Ata o 27 !!
Herman Koch
Hoxe celebramos, como ven sendo habitual, unha reunión conxunta dos clubs de lectura. É o noso xeito de despedir o curso, e que mellor que celebrando un Encontro cun escritor, neste caso o noso invitado foi Carlos de Castro, autor de "
Anna Gavalda
Xoán Farias
Marcos Calveiro