martes, 12 de marzo de 2019

Los Pacientes del Doctor García

Almudena Grandes

TusQuets (2017)


Tras a vitoria de Franco, o doutor Guillermo García Medina segue vivindo en Madrid baixo unha identidade falsa. A documentación que o liberou do paredón foi un agasallo do seu mellor amigo, Manuel Arroyo Benítez, un diplomático republicano ao que salvou a vida en 1937. Cre que nunca volverá a velo, pero en setembro de 1946, Manuel volve do exilio cunha misión secreta e perigosa. Pretende infiltrarse nunha organización clandestina, a rede de evasión de criminais de guerra e prófugos do Tercer Reich que dirixe dende o barrio de Argüelles unha muller xermana e española, nazi e falanxista, chamada Clara Stauffer. Mentres o doutor García deixase recrutar por el, o nome doutro español se cruza no destino dos dous amigos. Adrián Gallardo Ortega, que tivo o seu momento de gloria como boxeador profesional antes de alistarse na División Azul, para seguir loitando como voluntario das SS e participar na última defensa de Berlín, malvive en Alemaña, ignorando que alguén pretende suplantar a súa identidade para fuxir á Arxentina de Perón.  

Reseñas

El País

La Vanguardia

ABC
 

O que Sei do Silencio


Xerais (2018)

«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio». 

"O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3º da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.


Entrevistas á Autora


martes, 5 de marzo de 2019

As Lágrimas de Shiva

César Mallorquí

Paco Giménez  (Ilustrador)

Rodeira (2009)


En certa ocasión, hai xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; podemos chamalo como queiramos, o caso é que eu o vin. Ocorreu o mesmo ano en que o home chegou á Lúa e, aínda que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é unha novela de terror. 

Todo comezou co misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: As lágrimas de Shiva.

martes, 19 de febreiro de 2019

Contra Todo Isto

Manuel Rivas

Xerais (2018)

Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado de Vergoña. Este libro está escrito contra Todo Isto. Todo Isto é descivilización. Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produción de odio contra o diferente. Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos. Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades. Todo Isto é o machismo como sistema. Todo Isto é a guerra contra a natureza. Todo Isto é domesticación intelectual. Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura de economía gris e criminal. Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contramemoria. Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unha saudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo. Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, que quere pór a liberdade no corpo da linguaxe.



A Cabeza da Medusa

Marilar Aleixandre

Xerais (2008)


Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. 


martes, 5 de febreiro de 2019

El Castillo Ambulante

Diana Wynne Jones

Berenice (2007)


No país de Ingary, onde as botas de sete leguas e as capas de invisibilidade existen de verdade, Sophie Hatter atrae a desagradable atención da Bruxa do Páramo, quen a enfeitiza cun maleficio que a converte nunha vella.

Coa firme determinación de facer o máis axeitado, Sophie viaxa ao único lugar no que cre que poderá atopar axuda, o castelo ambulante que asexa polos outeiros veciños. Pero o castelo pertence ao temible Mago Howl, que se alimenta, segundo se di, dos corazóns de rapazas desprevidas...




Esta reunión do club celebrarémola cunha sesión de "cine palomitas" con esta fantástica adaptación feita por Hayao Miyazaki.

martes, 22 de xaneiro de 2019

Las Hijas del Capitán


Planeta (2018)


Nova York, 1936. A pequena casa de comidas “El capitán” arranca a súa andaina na rúa catorce, un dos enclaves da colonia española que daquela residía na cidade. A morte accidental do seu dono, Emilio Arena, obriga ás súas fillas mozas a asumir as rendas do negocio mentres nos tribunais se resolve o cobro dunha prometedora indemnización. Abatidas, acosadas pola urxente necesidade de sobrevivir, as temperamentais Victoria, Mona e Luz Arenas abriranse paso entre os rañaceos, compatriotas, adversidades e amores, decididas a converter o seu soño en realidade.

Un tributo ás mulleres que resisten cando os ventos sopran en contra, e unha homenaxe a todos aqueles valentes que viviron a aventura a miúdo épica e case sempre incerta da emigración.