luns, 31 de marzo de 2008

El Corazón Helado

Almudena Grandes

Tusquets Editores 2007
Colección "Andanzas"

O día da súa morte, Julio Carrión, poderoso home de negocios cuxa fortuna remóntase aos anos do franquismo, deixa aos seus fillos unha substanciosa herdanza, pero tamén moitos puntos escuros do seu pasado e da súa experiencia na Guerra Civil e na División Azul. No seu enterro, febreiro de 2005, o seu fillo Álvaro, o único que non quixera dedicarse aos negocios familiares, sorpréndese pola presenza dunha muller xoven e atractiva, á que ninguén tiña visto antes, e que parece delatar aspectos descoñecidos da vida íntima do seu pai. Raquel Fernández Perea, pola súa vanda, filla e neta dun exiliado en Francia, sábeo case todo sobre o pasado dos seus proxenitores e avós, aos que ten preguntado sobre a súa experiencia da guerra e do exilio. Para ela só unha historia permanece sen aclarar: a de unha tarde en que acompañou ao seu avó, recén regresado a Madrid, e visitaron a uns descoñecidos cos que intuiu que existía unha débeda pendente.

Álvaro e Raquel están condeados a encontrarse porque as súas respectivas historias familiares, que son tamén a historia de moitas familias en España, dende a Guerra Civil ata a Transición, forman parte de sí mesmos e explican ademáis as súas orixes, o seu presente. Tamén porque, sen sabelo, sentiranse atraídos sen remedio.

2 comentarios:

Rosi Rivera dixo...

Esta foi unha lectura moi densa,pero ten que selo cando nos ofrece unha historia tan real,na que todos podemos recoñecer cousas que temos oído ós nosos maiores,e que igual ós nosos fillos xa lles resultan máis estranas.Lee este libro se queres atopar intriga,amor,desamor,envexa,odio,maldade pura e dura,pero tamén desa outra que se fai por supervivencia(ou ti ou eu),familia( con todas as ventaxes e inconvintes),a búsqueda da verdade e todo o que supón teimar nela,pero tamén a paz que consigues despois...¡como non vai resultar unha lectura densa!Pero,como todo o de esta autora,eu recoméndoo.Ata outra!

xarela dixo...

Como nun crebacabezas con moreas de pequenas pezas,esta novela vaise recompoñendo según se vai lendo.Peza a peza as personaxes tan dispares,as historias aparentemente inconexas,van uníndose con cada páxina lida para entrelazar vidas e avatares dunha xeneración hoxe adulta que medrou baixo os segredos dunha guerra fraticida e das xeneracións que a sufriron nun e outro bando.Vinganzas,frustracións,heroismos,paixóns,baixezas e tenrura van debuxando un clima de proximidade que me obrigou a querer avanzar rápido para saber que pasaba de cada volta,como se ían desenlear tantas historias.Cal sería o resultado deste encaixe de verba-bolillos tecido con puntos aparentemente sinxelos.Recoméndovola,acabas pensando ...pasaría de verdade?