sábado, 9 de abril de 2016

Al Sur de la Alameda

Larra, Lola

Reinamontes, Vicente (Ilustrador)

Ediciones Ekaré (2014)

Un pequeno colexio ao sur da Alameda, na cidade de Santiago de Chile, está en toma e dende entón todo mudou: as aulas, o patio e ata os mesmos alumnos, que parecen ser outros cando se ven enfrontados aos desafíos da mobilización estudantil.
Entre eles, está Nicolás, o mellor porteiro do equipo de fútbol, que se aburre nas longas asembleas e escribe no seu caderno un diario da toma.
Mentres no colexio está en ebulición, dende a casona veciña, alguén mira.
Unha novela ilustrada que se desenvolve en 2006, durante os vibrantes comezos da “revolución pingüina” e que ten recibido varios recoñecementos nacionais e internacionais.
En Maio de 2006 centos de estudantes secundarios chilenos saíron ás rúas a marchar e tamén ocuparon os seus colexios en sinal de protesta. Reclamaban contra a Lei de Ensino, contra a desigualdade e contra a educación concibida como un negocio e non un dereito. Chamouse a Revolucións dos Pingüinos.
No 2011, a revolución estudantil en Chile, encabezada polos universitarios e por unha serie de carismáticos líderes,saltou ás portadas da prensa mundial. Catro de aqueles dirixentes hoxe son os deputados máis novos do Congreso Nacional.

Esta historia ficticia, está inspirada libremente neses acontecementos.
Booktrailer - Al sur de la Alameda from Ediciones Ekaré Sur on Vimeo.

Ningún comentario: