mércores, 6 de xuño de 2018

27 Latidos

https://www.rafaelsalmeron.com/Rafael Salmerón

Santillana (2016)


A vida en 27 latexados.

Latexados de incerteza, de medo, de dúbida, de rexeitamento, de vergoña, de violencia, de intolerancia, de odio e de soidade. Pero tamén latexados de futuro, de amor, de lealdade, de liberdade e de esperanza. 

Gusto ten dazaoito anos e non sabe o que quere. Estudar? Buscar traballo?. Mentres o decide espera nun banco do parque, deixando pasar o tempo e vendendo droga aos rapaces do barrio.

Nico sabe o que quere. Quere que Ainhoa sexa a súa moza e quere una moto sexa como sexa. E quere a mercadoría que Gusto vende.

Yeidi non quere que a ela e á súa familia os boten da súa casa. Tampouco quere ter que regresar ao seu país de orixe. Nin quere facer moitas das cousas que Kini, o seu mozo, quere que ela faga.

Máximo so quere que aquello se esqueza. Que non o sinalen, que non o miren como o miran. O que de verdade quere é recuperar a súa vida e a súa dignidade.

Román querería poder volver atrás no tempo e facer algo diferente para que Andrés, o seu neto, non fose un ionqui desafiuzado. Tamén querería saber como facer para que Nico, o seu neto, non camiñase tras os pasos do seu irmán maior.




Ningún comentario: