martes, 11 de xuño de 2019

Despedida dos Clubs da Rapazada

Nesta ocasión, a despedida dos Clubs da Rapazada foi ben especial. Despois de 32 anos na docencia, 30 dos cales estiven á fronte da Biblioteca Escolar do Segrel, e 13 coordinando os clubs de lectura, este será o último no que eu estea ao seu fronte.

Despois de 13 anos, remata eiquí unha das nosas vivencias máis gratificantes. Son as marabillosas experiencias dos clubs de lectura, onde se crea un ambiente de risa, ás veces de confrontación de ideas, de pensamentos, de experiencias vitais que nos axudan a derrubar barreiras, prexuizos, a ver dende outros puntos de vista, dende outras miradas, que non fan senón axudarnos a seguir mellorando como profesionais e como persoas e, por suposto, un dos mellores xeitos de forzar estreitas relacións de moita complicidade. Máis non é un adeus, é un ata sempre a tod@s @s que ao londo destes anos formastes parte deste fantástico grupo, porque esta maravillosa experiencia lectora levareina sempre no meu corazón como unha das máis fermosas e gratificantes á fronte dunha biblioteca escolar.

Ata sempre!!😍💖



Ningún comentario: