luns, 11 de abril de 2016

Todo é Silencio


Xerais (2010)

Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.

domingo, 10 de abril de 2016

Todo es Silencio


Guión: Manuel Rivas

Baseada na novela de Manuel Rivas (2010)

Anos 70. En Noitía, un pobo da costa atlántica galega, viven Fins e Brinco, dous adolescentes que manteñen una relación de amigable rivalidade en medio da que atopa Leda, una rapaza algo maior que eles. A rapaza elixe a Fins e o arrastra na busca dos tesouros que os naufraxios arroxan ás praias. A súa relación interrómpese bruscamente cando Fins se vai do pobo, tras a norte do seu pai mentres pescaba con dinamita. Cando vinte anos despois, Fins volve convertido en policía, comproba que todo ten cambiado en Noitía: o tradicional contrabando de tabaco foi substituído polo narcotráfico, que está baixo o control do cacique local, cuxo lugartenente é Brinco, que, ademais, tivo un fillo con Leda. Fins someterá á parella a unha vixilancia, na que se mesturan o cumprimento do deber cos vellos sentimentos.



Todo es silencio - Tráiler por keane43

sábado, 9 de abril de 2016

Al Sur de la Alameda

Larra, Lola

Reinamontes, Vicente (Ilustrador)

Ediciones Ekaré (2014)

Un pequeno colexio ao sur da Alameda, na cidade de Santiago de Chile, está en toma e dende entón todo mudou: as aulas, o patio e ata os mesmos alumnos, que parecen ser outros cando se ven enfrontados aos desafíos da mobilización estudantil.
Entre eles, está Nicolás, o mellor porteiro do equipo de fútbol, que se aburre nas longas asembleas e escribe no seu caderno un diario da toma.
Mentres no colexio está en ebulición, dende a casona veciña, alguén mira.
Unha novela ilustrada que se desenvolve en 2006, durante os vibrantes comezos da “revolución pingüina” e que ten recibido varios recoñecementos nacionais e internacionais.
En Maio de 2006 centos de estudantes secundarios chilenos saíron ás rúas a marchar e tamén ocuparon os seus colexios en sinal de protesta. Reclamaban contra a Lei de Ensino, contra a desigualdade e contra a educación concibida como un negocio e non un dereito. Chamouse a Revolucións dos Pingüinos.
No 2011, a revolución estudantil en Chile, encabezada polos universitarios e por unha serie de carismáticos líderes,saltou ás portadas da prensa mundial. Catro de aqueles dirixentes hoxe son os deputados máis novos do Congreso Nacional.

Esta historia ficticia, está inspirada libremente neses acontecementos.
Booktrailer - Al sur de la Alameda from Ediciones Ekaré Sur on Vimeo.

xoves, 7 de abril de 2016

Las Hijas de Tara

Laura Gallego

SM (2002)


O mundo natural de Mannawinard leva moito tempo enfrontado ao mundo tecnolóxico das dumas. Cinco humanos de diferentes orixes e un androide teñen a solución, pero antes deberán encontrarse e emprender xuntos una viaxe chea de perigos onde mercenarios, mutantes e robots destrutivos intentarán acabas coas súas vidas.


As fillas de Tara é una mestura entre fantasía e ciencia-ficción e se desenvolve nun mundo no que a manipulación xenética e o perfeccionamento das máquinas fan que moitos humanos se susciten a volva á natureza.


“Los viejos tenemos el conocimiento. Los adultos tienen la seguridad. Los niños tienen la ilusión. Pero sois los jóvenes los que tenéis el poder para cambiar el mundo, Keyko. NO lo olvides jamás”
Gaernon

sábado, 2 de abril de 2016

Os escarabellos voan á tardiña

María Gripe

SM (1989)


Tres rapaces aceptan o encargo de coidar, durante o verán, as flores dunha casa deshabitada. Fascinados polo misterio desta, explórana. No faiado atopan un paquete de cartas que foron escritas por Andreas e a súa irmá Magdalena no século XVIII, e ían dirixidas a Emilie. 

Falan das ideas de Andreas, das súas relacións amorosas con Emilie e do tráxico fin dos dous, debido ao maleficio dunha estatua funeraria que Andreas trouxera de Exipto e sobre a que pesaba unha maldición. 

Os xoves comezan xuntos unha pescuda na que recibirán pistas de orixe misterioso, veranse envoltos en aventuras insólitas e farán descubrimentos desconcertantes.


Guía de Lectura 1

Guía de Lectura 2




luns, 7 de marzo de 2016

Buda Explotó por Vergüenza

Dirección: Hana Makhmalbaf


Baixo a estatua de Buda que destruíron os talibanes aínda viven miles de familias. Baktay,unha nena afgana de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños, que le os alfabetos fronte á súa cova. O problema inicial é que Baktay non ten caderno nin lápiz. Para o caderno debe buscarse a vida, como lápiz, decide levar o pintalabios da súa nai, o que provoca que uns nenos, que xogan a ser talibanes, decidan apedreala. Os nenos da aldea xogan á guerra con ramas que fan pasar por fusiles e cometas que representan cazas de combate. Pero non todo é de pega: neste xogo, as pedras son de verdade. Cando atrapan a Baktay, xa teñen a outras tres nenas encerradas nunha cova. Os motivos para retelas varían entre que opinan que unha nena non debería ir á escola ou que as pequenas teñen ollos demasiado bonitos. Reflicten a sociedade violenta na que viven os seus maiores.

venres, 4 de marzo de 2016

Las Viudas de los Jueves

Claudia Piñeiro

Alfaguara (2010)


Tras as paredes perimetrais, máis aló dos portóns reforzados por barreiras e franqueados por garitas de vixilancia, a tópase Altos da Cascada.

Fóra, a ruta, a barriada popular de Santa María dos Tigrecitos,a autopista, a cidade, o resto do mundo. En Altos da Cascada viven familias que levan un mesmo estilo de vida e que queren mantelo custe o que custe.

Alí, no country, un grupo de amigos xúntanse semanalmente lonxe das olladas dos seus fillos, as ´suas empregadas domésticas e as súas donas, que excluídas do encontro varonial, se autodenominan, chanceando, "as viúvas dos xoves".

Pero unha noite de rutina québrase e ese feito permite descobrir, nun país que se desmorona, o lado escuro dunha vida "perfecta"


A Banda Sonora


luns, 29 de febreiro de 2016

El rastro brillante del caracol


Destino (2014)

Sam ten 16 anos e Síndrome de Asperger, unha forma lixeira de autismo. É un crac dos ordenadores, pero ten poucos amigos e lle costa interactuar cos demais na vida cotiá. Un día coñece a Martina e o seu mundo cambia. Gústalle moito pero non sabe como achegarse a ela, e ao pouco tempo descobre que un acosador a está a poñer en grave perigo. Sam terá que esforzarse moito para superar as súas limitacións se quer axudala e desenmascarar ao culpable.

Banda Sonora


Entrevistas á autora


domingo, 14 de febreiro de 2016

Charlotte

David Foenkinos

Alfaguara (2015)


Charlotte Salomon, pintora xermana de orixe xudeu, deixa Berlín tras unha infancia marcada por unha traxedia familiar e unha relación amorosa que deixará nela unha pegada definitiva, e pon rumbo a Francia fuxindo dos nazis. No sur de Francia agárdanna os seus avós, que agochan un segredo que Charlotte non pode coñecer. Alí comeza a compoñer a súa fascinante autobiografía a través dunha obra única. Cando descobre que está en perigo confía os seus cadros ao seu médico a quen lle confesa: "é toda a miña vida". 

Charlotte morre aos vinteseis anos en Auschwitz, lonxe do seu grande amor.


Página 2

Banda Sonora




Escritores e Pintores dos que se fala na novela

Premios
Premio Renaudot 2014

Premio Goncourt 2014

Entrevistas ao autor
El País Cultura

ABC Cultural

Eldiario.es

Glamour

sábado, 30 de xaneiro de 2016

As lágrimas de Shiva

César Mallorquí

Paco Giménez  (Ilustrador)

Rodeira (2009)


En certa ocasión, hai xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; podemos chamalo como queiramos, o caso é que eu o vin. Ocorreu o mesmo ano en que o home chegou á Lúa e, aínda que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é unha novela de terror. 

Todo comezou co misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas: As lágrimas de Shiva.

Banda Sonora


"Apolo XI la verdadera historia" Documental

Libros dos que se fala na novela...

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Mi pie izquierdo

Director: Jim Sheridan

Guión: Shane Coonaughton e Jim Sheridan

Baseada na novela de Christy Brown (1932 - 1981).

Película baseada na autobiografía de Christy Brown, un artista multidisciplinar irlandés aqueixado de parálise cerebral, cuxa tenacidade botou por terra as barreiras que impedían a súa integración na sociedade converténdose nun consumado pintor e escritor. 

Esta película, basada en feitos reais, é un conmovedor exemplo de superación e loita por acadar as metas persoais. 

Un canto á vida premiado en numerosos festivais e gañador de dous premios Óscar, ao mellor actor a Daniel Day-Lewis e á mellor actriz secundaria a Brenda Fricker.


sábado, 16 de xaneiro de 2016

Y de repente fue ayer


Ed. Planeta (2009)

A historia de dous mozos, Óvalo e Efraín, que verán como un furacán xunta os seus destinos e os leva a transitar por Cuba, país que co tempo aprenderán a dominar usando diversos métodos. O carismático Óvalo o conseguirá mediante a revolución política. O desgarbado Efraín encargarase de levar a cabo a revolución, quizais, máis poderosa; a creación dun novo xénero, a telenovela. E aínda que Aurora non é a única muller que os une, a súa enigmática presenza marcará unha constante na vida dos dous homes. 


Entrevistas ao autor:

20 Minutos



venres, 15 de xaneiro de 2016

Tes ata as dez


Galaxia (2015)

Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta tripidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asustno do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas... todo un mollo de asuntos nunha novela qu enos vai levar de viaxe pola historira rencente de España e Galicia, mais tamén por dentro do corazón dos namorados que o están de verdade. 


Entrevistas co autor




Axenda Cultural AELG

La Voz de Vigo

Cultural CRTVG


Banda Sonora

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Corazón de Tinta

Cornelia Funke

Siruela (2008)


Quen son realmente Dedo Polvoriento, Capricornio ou Lingua de Bruxo saberao Meggie polas respostas que atope nun vello pobo das montañas de Liguria... e tamén nun libro. Cando Mo, o pai de Meggie, saúda a un estraño visitante que aparece na súa casa, a nena sente que aquela persoa emana un perigo, quizais unha grande ameaza contra o seu pai... e entón foxen ao sur, á casa da tía Elinor, propietaria dunha das máis fascinantes bibliotecas que calquera poida imaxinar. Meggie descubrirá que os forasteiros que misteriosamente aparecen e desaparecen, como aquel visitante nocturno, chaman ao seu pai Lingua de Bruxo, xa que teñen o don de dar vida aos personaxes dos libros cando le en voz alta. 

Esta novela de Cornelia Funke é maxia. É unha viaxe ao mundo dos libros, unha gran novela de aventuras e unha verdadeira declaración de amor aos grandes textos universais que cativan aos seus lectores. Así como unha loita feroz entre ficción e realidade, entro o ben e o mal.



sábado, 9 de xaneiro de 2016

La lección de August


R. J. Palacio

Nube de Tinta (2012)


A súa cara faino distinto máis el so quere ser un máis. Camiña sempre mirando cara ao chan, a cabeza gacha e a súa perrera tratando en van agochar o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, susurros afogados e codazos de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes do seu fogar, entre a compaña da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias da Guerra das Galaxias.

Este ano todo vai cambiar, porque vai ir, por primeira vez, á escola. Ali aprenderá a lección máis importante da súa via, a que non se aprende nas aulas nin nos libros de texto; crecer na adversidade, aceptarse tal e como un é, a sorir aos días grises e saber que, ao final, sempre atopará unha man amiga.


Guía de Lectura

Páxina Oficial

A novela na prensa
The Guardian




domingo, 13 de decembro de 2015

Nosotras que lo quisimos todo

Sonsoles Ónega

Planeta (2015)


Beatriz, directora de compras nunha multinacional de lencería, recibe unha irresistible e prometedora oferta profesional. Se non estivera casada e con dous fillos, tería contestado de inmediato, pero o ascenso implica instalarse en Hong Kong. Beatriz vive esgotada, debaténdose entre traballar no que lle gusta e gozar da vida familiar que desexa. Dado que o seu marido, responsable da cadea de clínicas dentais que herdou do seu pai, non estará disposto a seguila a Hong Kong, Beatriz comeza unha investigación sobre a conciliación da vida persoal e a laborar como medio para ser quen de tomr unha decisión. Por que elixir A ou B? Existe un plan C!

Unha novela atrevida, tenra e reivindicativa que plantexa unha fonda reflexión sobre o gran "timo" do século XXI, o da muller traballadora... Unha historia chea de humor e ironía.

Entrevistas á autora



Mujerhoy.com

Encuentros El Mundo

Hoy por Hoy - Cadena Ser

luns, 7 de decembro de 2015

Las ventajas de ser un marginado

Stephen Chobsky

Alfaguara (2012)

Charlie ten 15 anos e quedou so tras o suicidio do seu mellor amigo. Vive cos seus pais, a súa popular e fermosa irmán e un irmá maior que é unha estrela do fútbol americano e que está a piques de comezar na Universidade. O seu profesor de lingua está convencido de que Charlie posee unha grande capacidade intelectural. Tras coñecer a Sam e a Patrick, comeza a comprender o que é se un adolescente, e comeza unha viaxe cara á madurez que o levará a percorrer camiños novos e inesperados. Con eles descobre nova música, comeza a beber, fumar e coquetear coas drogas, cambia de amizades... Ata que se converte nun xoven de verdade!


BANDA SONORA



Libros dos que se falan...

venres, 4 de decembro de 2015

El Asesinato de la Profesora de Lengua


Jordi Sierra i Fabra

Ilustracións: Pablo Núñez


Anaya (2007)


A profesora de lingua, Soledad, está farta de que os seus alumnos no se esforcen na clase. A súa desesperación chegou a tal límite, que lles comunica unha seria notica: Antes de rematar o día, asasinará a un deles, se non conseguen detela antes.

Terán que resolver as probas que lles vaian aparecendo ata dar coa resolución o que nos levará a un final inesperado.

Aos alumnos vailles a vida niso, así que non perderán un só segundo.

A busca comezou...



sábado, 28 de novembro de 2015

Ojo de Nube



SM (2006)

Nunha tribo de indios Crow nace un neno. Aínda que o nome que lle poñen ao principio é Cazador Silencioso, aos poucos días descobren que é cego e as esperanzas dos seus familiares vense frustradas. Ollo de Nube chamarase e a súa nai decide ser os seus ollos. A través das súas palabras e o que el percibe polo resto dos sentidos, farase unha composición do poboado e de todo o que o rodea e alcanzará unhas facultades impensables para os outros indios. Unha noite, o neno anticipa o que está a piques de acontecer; o ataque dos "malacousa", os tramperos e colonizadores brancos. Grazas ao seu entendemento cos cabalos, unha facultade especial que posúe, Ollo de Nube logra evitar a batalla e así atrasar o inevitable avance do "home branco".

Esta novela recupera a vida salvaxe na pradera norteamericana, antes da chegada do home branco, a través dunha tribo Crow.

venres, 20 de novembro de 2015

14

Jean Echenoz

Anagrama (2013)


Como escribir sobre a Gran Guerra, a primeira guerra "tecnolóxica" do século XX, e a porta, tamén, a medio século da barbarie sen precedentes? Echenoz enfróntase a un novo reto literario que supera con mestría. A certeira pruma do escritor avanza xunto cos soldados nas súas longas xornadas de marcha polos países en guerra e acompaña a catro rapaces da Vendée, Anthime e os seus amigos, no medio dunha masa indiscernible de carne e metal, de proxectiles e mortos. Pero tamén nos conta a vida que continúa, lonxe das trincheiras, a traveso de personaxes como Blanche e a súa familia. E todo elo, sen renuncia a esa sutil ironía que caracteriza a súa escrita, condimento imprescindible dun ralato apaixoante.