domingo 15 de abril de 2007

USHA

María Reimóndez
Xerais, Vigo 2006
Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá. Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.

ESKORIA

Alfredo Gómez Cerdá
Madrid, 2006. Ed. SM. (Col. Gran Angular - Alerta Roja).
Falso Diario Blog do Autor

Diego non se sinte distinto dos seus compañeiros de instituto, aínda que non lle gusten as mesmas cousas que a eles. Por iso non entende que algúns non o deixen en paz e que comezara a recibir todo tipo de ameazas. A súa mente lúcida trata de comprender os motivos do acoso ao que o someten, pero é imposible. Sinte que lle están empurrando cara un pozo sen fondo.