lunes, 29 de abril de 2013

As Fronteiras do Medo

Agustín Fernández Paz

Rodeira (2012)

As historias de terror teñen o efecto de remover nos seres humanos os medos atávicos que a civilización tenta ocultar baixo a aparencia da razón, a ciencia e o control. Mais todos sabemos da existencia de feitos que contradín toda lóxica, de realidades que fan abanear as nosas crenzas, por noito que pechemos os ollos e nos neguemos a admitilas. Nas páxinas deste libros, Agustín Fernández Paz mergúllanos en seis historias que traspasan "as fronteiras do medo"

Ler o 1º Capítulo

Blog do Agustín Fernández Paz

Entrevistas a AFP



viernes, 12 de abril de 2013

Maus

Art Spiegelman

Random House Mondadori


Maus é a biografía de Vladek Spiegerman, un xudeo polaco supervivinte dos campos de exterminio nazi, contada polo seu fillo Art, un debuxande de cómics que quere deixar memoria da aterradora persecución que sufriron millóns de persoas na Europa sometida a Hitler e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores.


Art Spiegerman aproxímase ao tema do Holocausto dun xeito absolutamente renovador, e para elo relata a experiencia da súa propia familia en forma de memoria gráfica, utilizando todos os recursos estilísticos e narrativos tradicionais deste xénero e, á vez, inventando outros novos. A radicalidade narrativa desta obra marcou un antes e un despois no universo da novela gráfica, e por ese motivo obtivo o primeiro e único premio Pulitzer outorgado a un cómic. 

Vía Norma Edicións

Máis información en:                                                          In English:

Guía del Cómic                                                               Teacher's Guide

Tebeosfera                                                                      Study Questions

Guía Didáctica (Catalán)                                                   Reading Questions and Resources


jueves, 4 de abril de 2013

Cartas Cruzadas

Markus Zusak

Lumen

Coñeces realmente á xente que máis che quere? Saben con que soñan os teus mellores amigos? Atréveste a descubrir algo insólito de ti mesmo?

Ed Kennedy é un rapaz calquera nun suburbio calquera dunha gran cidade. Vive nun apartamento en non moi boas condicións na compaña do seu can e se gaña a vida de taxista. Acompáñano unha panda de amigos que pouco ou nada lle piden á vida, pero de repente algo acontece e Ed terá unha misión que cumprir. Día tras día, noite tras noite, o rapaz irá descubrindo que o afecto, a amizade e o amor non son palabras valeiras senón verbos vivos: Se queres saber, pregunta; se pretendes axudar, actúa; se queres cambiar, non esperes. A miúdo, son os pequenos xestos os que moven o mundo e Markus Zusak demóstranos que cada un de nós, incluso un mozo calquera nun suburbio calquera, pode dar o primeiro paso.

miércoles, 3 de abril de 2013

La Fórmula Preferida del Profesor

Yoko Ogawa

Ed. Funambulista (2009)

Yoko Ogawa cóntanos, dun xeito moi delicado, a historia dunha nai solteira que entra a traballar de asistenta na casa dun vello e túzaro profesor de matemáticas que perdeu, nun accidente de coche, a autonomía da súa memoria, que so lle dura 80 minutos, excepto para a súa disciplina. Apaixonado dos números, o profesor irá encariñándose coa asistenta e o seu fillo de 10 anos, ao que bautizou "Root" (raíz cadrada en inglés) e con quen comparte a paixón polo béisbol, ata que se fragua entre eles unha verdadeira historia de amor, de amizade, unha historia de aprendizaxe e crecemento persoal, unha historia de transmisión do saber, non só matemático. Unha historia que nos amosa ata que punto as matemáticas poden chegar a emocionarnos.

Guía didáctica 1

Guía didáctica 2