lunes, 16 de marzo de 2015

Banda Deseñada e Novela Gráfica!!

Este curso, o Club de lectura de alumnado de 2º e 4º de ESO, dedicámonos a ler Banda Deseñana e Novela Gráfica, o que nos dou bastantes quebradeiros de cabeza para facernos cun exemplar para cada un, xa que somos 20 e, dado o seu elevado custo, non podemos mercar máis dun exemplar para o centro. Pero botamos man dalgún centro amigo e sobre todo da  BPM de Fene, que dispón dun bo fondo. A todos eles agradecerlles a súa extraordinaria colaboración.

Na anterior xuntanza deste grupo, fixemos algo que non é habitual, pero debido ao que vimos de expoñer e a que se organizou un encontro co noso admirado David Rubín, decidimos que nesta ocasión cada un de nós levara un título distinto a escoller entre o noso fondo de cómic, que é bastante bo, e cada quen comentara os títulos elixidos nas próximas xuntanzas. 

domingo, 15 de marzo de 2015

A Memoria da Choiva


Xerais (2013)

Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador telvisivo, aparece co peito aberto no seu piso de compostela rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aguiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena; unha extraña peza de ferro chantada no corazón.

En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está psando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e scuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano.