lunes, 23 de mayo de 2016

A Neve Interminable


Xerais (2015)

Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.

viernes, 20 de mayo de 2016

La Ciudad de las Bestias


Debolsillo (2002)

“La ciudad de las Bestias” caracterízase pola súa aventura extrema e polo realismo máxico. Cando a súa nai enferma, Alexander Cold, aos quince anos de idade, é enviado a reunirse coa súa Valente e severa aboa, una periodista da revista International Geographic, nunha expedición ao perigoso e remoto mundo do Amazonas. A súa misión, xunto cos demais do seu equipo, incluíndo un célebre antropólogo, un guía local e a súa pequena filla Nadia; e un médico, é documentar ao lendario Yeti do Amazonas, coñecido como a Besta.


Baixo o denso follaxe das árbores selváticas, Alexandre sorpréndese ao descubrir moito máis  do que podería ter imaxinado acerca dos mundos agochados da selva tropical e sobre a natureza dos humanos. Utilizando a forza do xaguar, o animal totémico que Alexander atopa dentro de si mesmo, e a aguia, guía do espírito de Nadia, os dous mozos son guiados polo Pobo da Xente da Neblina, un grupo indíxena que posúe tanta harmonía co seu entorno, que poden, literalmente, desaparecer, a unha viaxe emocionante e inesquecible ao asombroso e vasto corazón do Amazonas.

sábado, 7 de mayo de 2016

Kim

Rudyard Kipling

Ediciones Gaviota (2001)


Kim está considerada como a obra mestra de Kipling e una das grandes narracións de todos os tempos.

Conta a historia de Kimball O’Hara, a quen todos chaman Kim, orfo dun soldado do rexemento irlandés. A acción transcorre na India colonial británica,  onde o mozo Kim sobrevive mendigando polas rúas de Lahore. Están tan arraigado na cultura local que moi poucos saben que é de raza branca.
Kim coñece a un ancián lama tibetano que vai en busca do lendario “Río da Frecha”, un río místico que cambiará o curso da súa vida. O lama proponse atopalo e Kim decide acompáñalo e guialo. Convértese así nun discípulo e xuntos realizan a viaxe por una antiga e lendaria rúa chamada “O Gran Tronco”. Ao mesmo tempo, polo camiño vaise decatando de “O Gran Xogo”, un conflito político entre o Imperio Ruso e o Imperio Británico que agocha unha misión secreta.

De xeito casual recibe un encargo dun espía británico para levar unha mensaxe ao comandante da zona. Pouco a pouco convértese en alguén en quen confiar e é enviado a estudar a unha prestixiosa escola británica. A pesares de que se opón con todas as súas forzas, é obrigado a separarse do lama quen o convence de que é o mellor.

Pasa o tempo e Kim segue mantendo a comunicación co servizo segredo británico, pero tamén co lama polo que sente un gran afecto e respecto. Durante unhas vacacións é recrutado e entrenado como espía e parte da súa educación consiste nun exercicio de memoria visual chamado “O Xogo das Xoias”.

Despois de tres anos de adestramento, recibe a orde de comezar a operar no “Gran Xogo”, aínda que antes lle conceden un descanso que aproveita para verse de novo co lama. Xuntos parten nunha viaxe ao Himalaya en busca do “Río da Frecha”, punto culminante da aventura onde se mesturan o mundo do espionaxe coa espiritualidade e onde o lama dáse de conta de que está confundido e que tería que ter feita a súa busca polas llanuras e non nas montañas.

Ao final, Kim terá que resolver a encrucillada de seguir no “Gran Xogo” ou escoller o camiño espiritual do budismo tibetano.


Viaxe iniciática e novela de aventuras, Kim é unha obra edificante, unha novela que ten cegado a distintas xeracións dende a súa publicación en 1901.