Ilustracións: Pablo Auladell
Xerais (2008)
Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amor. Un libro memorable
Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil-Xuvenil), 2007 - Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008
2 comentarios:
Ler é um excelente exercício que permite desenvolver inúmeras competências, de leitura, escrita, raciocínio, abstracção...
Gostei de encontrar o vosso blog. Felicitações e Bom Trabalho!
Un libro- outro máis- delicioso de Agustín, que ata na psicoloxía cadeluna é quen de entrar (que tan ben se expresa ese can fantasma!!!). Gostaríame non ter estado sen voz para comentar “in situ” algo que adoro dos seus libros : as súas protagonistas femininas chegan a EXECUTIVAS e cargos similares, as amas de casa non son só estereotipos, mima e cuida en cada frase a dignidade da muller, ata naquela que regresa resignada ao coche do que seu home non se digna baixar, algo que parece unha tontada, pero que é unha lamentable porcentaxe entre os nosOs escritorEs. E se eu sinto que “necesito” ver a nosa realidade, que non será preciso para as nosas rapazas e rapaces?. Jose, David, non vos piquedes, pero somos maioría, somos estupendas, somos loitadoras e imos a por todas (Vos tamén sodes estupendos, a pesar da pata da X)
Publicar un comentario