domingo, 18 de outubro de 2009

La Reina en el Palacio de las Corrientes de Aire

Stieg Larsson
Destino, 2009

Como xa imaxinábamos, Lisbeth non está morta, aínda que non hai moitias razóns para cantar vitoria: cunha bala no cerebro, necesita unda miracre, ou o máis habilidoso ciruxán que sexa quen de salvarlle a vida. Quédanlle semanas no mesmo centro onde un paciente moi perigoso segue a acechala: Alexander Zalachenko, Zala. Dende a cama do hospital, e a pesar do seu gravísimo estado, Lisbeth fai esforzos sobrehumáns para manterse alerta, porque sabe que as súas habilidades van ser, unha vez máis, a súa mellor defensa.

Mentres, cunha Erika Berger totalmente nas loitas de poder e as estratexias comerciais do poderoso xornal Svenska Morgon-Postes, en horas baixas tras o descenso das ventas e dos anunciantes Mikael síntese moi só. Quizais Lisbeth o teña afastado da súa vida, pero segundo as súas investigacións avanzan e as escuras razóns que están tras o complot contra Salander van tomando forma. Mikael sabe que non pode deixar nas máns da Xustiza e do Estado a vida e a liberdade de Lisbeth. Pesan sobre ela durísimas acusacións que fan que a policía manteña a orde de illamento, así que Kalle Blomkvist terá que ver de chegar ata ela, axudala, incluso ao seu pesar, e facerlle saber que segue alí, ao seu carón.

E o vindeiro 23 de outubro... Estrea da segunda parte da triloxía!!

"La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina"

Más información sobre esta película


Esta, tampouco deixaremos de vela, así que preparádevos !!

2 comentarios:

Rosi Rivera dixo...

Agora en serio...está ben,bueno..moi ben;hai que recoñecer que Larson "se lo curraba" para documentarse e que sabe manter unha trama interesante.Sei que que vou leer libros que me van a gustar máis,e de feito xa o fixen,pero que sexan tres,que non se escribirán máis,que os leímos no noso "petit comité",..cólleslle unha cousa especial..e logo..e que hai unha persoa moi cercana a min que facía moito tempo que intentaba rematar un libro e non era capaz;foi ver a peli,facer un maratón para rematar o 2ºlibro e tolearme para leer o3º
¡Cómo non me vai a gustar Larsson!

Unknown dixo...

Ao Sr. Vanger non se lle ocorre outra cousa que solicitarlle ao Sr. Blomkvist que reabra a investigación sobre a desaparición da súa sobriña desaparecida trinta anos atrás.
A partir deste intre comeza unha triloxía do mais impactante:
. Os devaneos dunha familia adinerada.
. Millennium, algo mais que unha revista.
. Os lazos de amistade que surxen entre Mikael e Lisbeth.
. O mundo dos hacker.
. Amor e desamor – violencia e sexo.
. Redes de tráfico e prostitución de mulleres.
. Espionaxe e contraespionaxe.
. Forte crítica a sociedade sueca e a súa lexislación.
. Loitas de poder.
. Xusticia.
Con unha narración fría pero minuciosa ata o último detalle, Larsson enganchoume dun xeito fora do normal.
Xa que desgraciadamente o Sr. Larsson non está con nos, penso que o seu equipo de colaboradores debería facer algo ao respecto, porque como milleiros de persoas, “quero mais, moito mais”.