domingo, 17 de xaneiro de 2010

Cometas en el Cielo

Khaled Hosseini

Salamandra (2003)

Sobre o telón de fondo dun Afganistán respectuoso coas súas ricas tradicións ancestrais, a vida en Kabul durante o inverno de 1975 desenvólvese con toda a intesidade, a puxanza e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante do que se lle aveciña nun dos periodos máis cruentos que teñen padecido os milenarios pobos que a habitan.

Con apenas doce anos, Amir proponse gañar a competición anual de cometas da maneira que sexa, incluso a costa do seu inseparable Hassan, un "hazara" de crase inferior que é o seu servinte e compañeiro de xogos dende a súa máis tenra infancia.

Deste xeito, obsesionado por demostrarlle ao seu pai que xa é todo un home, Amir poñerá en perigo unha amizade fraguada ao longo de anos de enfrontarse a todos os perigos inimaxinables e aprenderá unha verdade que lle acompañará o resto da súa vida.


Nesta ocasión, celebraremos a primeira sesión do club de lectura de pais, nais e profes neste "Ano do libro e a lectura" cunha sesión de "Cine palomitas"

Entrevista ao autor e o director de "Cometas en el Cielo"

2 comentarios:

Rosi Rivera dixo...

Con libros así,non podo máis que agradecer o bendito día no que se formou este clube de lectura.Non me gustan as lecturas que mostran a realidade dura,triste,cruel,arraigada na sociedade que nós mesmos consentimos..pero,como xa pasou con outras lecturas,a visión do adulto-neno,as súas lembranzas,danlle un punto tenro aínda dentro da dureza da situación.Bks!

Maribel dixo...

Resultoume unha historia moi dura, pero moi fermosa a súa lectura. Dun ritmo case lento, tranquilo ao comenzo, vai dando paso pouco a pouco a un desenlace case trepidante no rescate pequeno. Pouco a pouco a narración de feitos e situacións vai deixando paso á dos sentimentos.
O autor describe moi ben cada situación, como unha película podes ir seguindo cada paso.