Ed. Anagrama (2007)
Milleiros de finlandeses lánzanse cada ano por un precipicio ou inhalan dióxido de carbono do tubo de escape. Precisamente o día da San Xoán, a festa de comezo de verán, Onni Rellonen, un empresario en crise, decide poñer fin á súa vida. Pero xusto cando atopa un graneiro afastado, uns ruídos o deteñen. Onni salva a outro visitante do graneiro, o coronel Kemppainen, un viúvo que tiña decidido matarse ese mesmo día. Ámbolos dous renuncian ao común propósito e comezan a falar sobre os motivos que os impulsaban. Toman unha sauna, beben coñac e comezan a tutearse, ata que se renden ante a evidencia: existes un gran número de candidatos ao suicidio. Nace deste xeito unha longa amizade e a idea de fundar unha asociación de "aspirantes a suicida". Así, trinta e tres compañeiros deciden partir, nun flamante autocar, en busca dun suicidio colectivo digno: cruzarán Europa ata atopar o mellor acantilado dende o que lanzarse deliciosamente ao baleiro.
8 comentarios:
Este libro no me lo leí entero, pero para lo poco que leí, no me hizo mucho tilín.
Ya el tema de los suicidios y esas cosas en las que hay muertes, y demás, a no ser que sea una novela guay, en la que haya misterio, y en la que se descubra quien es el asesino y esas cosas, no me van...
Además ese "humor finlandés", no lo entendí bien.
Este libro encantoume, levo xa unha tempada lendo libros moi bos e este libro a decir verdade dedixou o pabellón moi alto.
O principio tiñalle medo xa que este título non me inspiraba moita confianza, así que o deixei pasar todo o mes de decembro.
Pero chegou o Nadal e con el, as ganas de empezar e rematar o libro, xa que cedo teríamos club de lectura.
Os dous primeiros capítulos gustaronme, estaban bastante ben. Falan de dous homes filandeses de mediana idade que deciden poñer fin a súa vida o mesmo día e no mesmo lugar, pero o atoparse deciden aplazar o suicidio uns días.
Falan, toman uns baños... en definitiva fanse amigos e deciden formar un club para xente que coma eles, están a piques de finalizar a súa vida do peor xeito posible.
Atopan a xente por toda Finlandia, de distinta forma, distinta clase, distinta vida... pero que todos eles teñen algo en común: Se queren suicidar.
Un dos integrantes do club compra un autobús e deciden recorren toda Finladia, ata chegar o cabo Norte, lugar escolloido para poñer fin a súa vida todos xuntos.
No último instante, no último momento danse conta que iso non é o que queren, queren disfrutar da vida un pouco máis así que dan volta e emprenden unha viaxe por toda Europa ata chegar a Suíza, concretamentre nos Alpes, o lugar que definitivamente escolleran para o suicidio...
Pero non foi así. Querían vivir un pouco máis, disfrutar da natureza europea, das charlas esntre compatriotas finlandeses ou disfrutar dos marabillosos viños e licores que temos o norte do noso continente.
Así que chegan ata Portugal, o cabo Carveiro, e alí definitivamente fariase o suicido, pero non foi así. Todos querían vivir, disfrutar da vida, sacar forzas do interior do seu corazón e vivir, vivir sen medo, con alegría, recompoñer a vida e tantas outras cousas que nos son indispensable para que cada ser humano este verdadeiramente orgulloso de vivir.
Por iso gustoume tanto este libro. Aprendes a valorar o que tes unha familia, uns amigo, xente a quen queres e aprecias.
Por iso sorprendeume tan gratamente este libro, este home finlandés Arto Paasilinna que nos mostra o seu país coa cara máis amable, ou coa menos. Ese humor negro, pero que non pasa indiferente, que no fondo, fondo nos gusta.
Este libro gustoume. Aínda que o título non me convencía moito decidín lelo igual.Ó principio non me gustaba nada, me parecía aburrido,pero o seguín lendo. Ao final estaba bastante ben,tiña cousas interesantes, graciosas e tristes. Pero o sentido do humor finlandés non o entendín moi ben.
Hola, desculpade que use a entrada para preguntarvos, pero non vin enderezo ningún de contacto. Chámome Natalia Corbillon, son escritora e atópome promocionando o inicio dunha triloxía de ficción en castelán por librarías, asociacións e colexios da península. Gusaríame facervos chega-las miñas propostas. ¿poderíadesme facilitar un correo?
o meu e nataliacorbillon@gmail.com
Gracias
Este libro, non foi o que máis me gustou, por que o tema do que fala non me interesa moito e ten un humor que non acabo de entender.
Eu non lin todo este libro, pareceume moooi aburrido. É un deses libros que non che gustan, despois duns minutos de lelo empeza a gustarche, pero despois vólvete a aburrir. O humor finés non ten gracia...
No me gustó demasiado porque me pareció aburrido , a mi personalmente , me gusta más que los libros me enganchen desde el primer momento. Yo, aunque no enganche desde el primer momento, aguanto leyéndolo un poco más, pero este libro es uno de esos que por mucho que lo intentes, no te gusta, en mi opinión , claro está.
Paréceme un fantástico libro sobre como a amizade pode xurdir en calquera momento, incluso en algo tan serio coma suicidarse. Ademáis, paréceme que o autor sabe como aproveitar as ocasións que van xurdindo. Eu ata cheguei a rir con este libro e o recomendo encarecidamente.
Publicar un comentario