Edelvives (2004)
Bachir vive nun campamento de refuxiados saharauis. Por causa dunha doenza pulmonar ten que permanecer inmóbil na súa tenda, desde onde escoita con atención os sons que chegan ata el. A través do oído tenta imaxinar o que acontece ao seu redor.
Unha noite coñece a Jamida, un vello sorprendente, mestura de sabio e de guerreiro, con quen fala da historia do seu pobo e dos nomes das estrelas.
Ese encontro vaille permitir albiscar un mundo alén dos límites opacos da súa jaima.
- Premio Alandar de Literatura Juvenil
- Seleccionado por los White Ravens 2004
- Bubisher
5 comentarios:
Este é un dos libros que máis me gustou dos que limos ata agora. Está moi ben sobre todo a relación entre o protagonista e o anciá. O que conta sobre o Sahara é moi interesante e aprendín bastantes cousas. Logo, o que contan sobre as estrelas é interesante.
Este libro gustoume moito, dos que limos ata agora foi o que máis me gustou. É un libro que conta unha historia moi real. Demostra como é a sociedade do Sáhara e tamén como un neno enfermo alarga a súa enfermidade porque no fondo lle gusta como o cuidan cando está mal.
Deste libro sacas a idea de que "si queres podes".
O que máis me gustou do libro, foi a idea que quere transmitir.
Deste libro sabemos que hai un rapaz que sofre unha enfermidade nos pulmóns e por iso ten que pasar os días na cama.
O rapaz coñece a un anciá que cada noite o vai a visitar á súa casa. A historia que fan estes dous personaxes é moi bonita, xa que o anciá nos mostra o lado máis humilde do Sáhara a través dos seus relatos e historias.
Este home enséñalle ao rapaz outra forma de ver o mundo a través da súa calorosa tenda e discapacitadas pernas.
Este libro faiche pensar no ben que vivimos: sen loitar por un vaso de auga ou sen pelexar por un prato de comida.
O autor fixo un gran traballo con este libro, xa que nos ensina o lado máis próximo dunha sociedade tan lonxana como é a do Sáhara, a través das súas palabras.
Este é un bo libro sobre un neno de 12 que ten un pulmón enfermo e que pola noite escoitaba uns ruidos. Eses ruidos eran dun vello cego pero moi sabio que axuda ao rapaz coa sua enfermidade. Parece un libro moi aburrido e rutinario,pero sorprende do interesante que é.
Este libro explícanos que "querer é poder".
Publicar un comentario