venres, 23 de abril de 2010

Chamando ás Portas do Ceo

Jordi Sierra i Fabra

Rodeira (2006)


Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, enfrontáse cos seus pais e co seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por un lado Arturo, que a espera en España; por outro Leo, o médico, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.

4 comentarios:

Diego dixo...

A min este libro non me gustou ,e aburrido e dificil de ler.Non o recomendo.

Javier Trigo dixo...

Este libro gustoume moito e o recomendo a toda a xente que lle guste ler porque é quen de achegarte a outras culturas descoñecidas.

Anónimo dixo...

Este libro é bastante bo, as súas expresións son moi reais e os personaxes teñen afeccións humanas.
Ademais, describe moi ben o estado sanitario e hixiénico de certas zonas da India:
"os pacientes miraban á doutora coma se fose unha deusa capaz de facer milagres" ou "nalgunhas casas, lavarse é un luxo".

silvia dixo...

É un libro moi interesante. Fala da vida dunha rapaza filla duns médicos de ciruxía estética moi reputados en Barcelona, está acostumada a ver luxos e marcha para a India de cooperante. O libro conta as súas vivenzas.
Gústoume moito e llo reconmendaría a todo o mundo.