luns, 29 de novembro de 2010

Los Amantes Mariposa

Benjamín Lacombe

Edelvives (2008)

Unha lenda oriental sobre a loita contra o destino duns xoves namorados.

Naoko é unha rapaza que ante a imposibilidade, polo feito de ser muller, de estudar literatura, decide disfrazarse de home para poder realizar o seu soño. O que non sabe é que alí comezará unha marabillosa historia de amor imposible...

Esta lenda inspirou o concerto para violín coñecido como "Concerto para violín Liang Zhu", o nome do protagonista. Trátase dunha obra para violín e orquesta dos compositores chineses He Zhanhao e Chen Gang escrita no ano 1958.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Encantoume, en serio. Teño que mercalo.
Xa se sabe que me gusta moito o nipón (xaponés). O libro trae certas palabras en xaponés (por sorte, hai glosario).
E os debuxos, non poden faltar; excelentes, son preciosos.

Diego dixo...

Este contiño trata dunha xove revelde que faise pasar por home para estudar o que a ela lle gusta.
Termina traxediamente.


Está ben.

Miriam dixo...

Este libro é moi bonito.Tanto me gustou a historia como as ilustracións.

Scorpio dixo...

A historia e os debuxos son moi bonitos ainda que unha parte e bastante triate so que cun final feliz.

Anónimo dixo...

Este libro, paréceme romantiquísimo. Unha historia de amor sen igual, que reflexa como as mulleres eran discriminadas, en diversas culturas (neste caso a cultura xaponesa).

Ademáis, non é o típico conto de "viviron felices e comeron perdices" senón que ten un final algo máis realista.

As ilustracións, son francamente fascinantes. As expresión, os ollos, as emocións que expresan...Magnífico.

letty dixo...

Emocioneume moito ao escoitar e ler esta historia de amor e desamor a vez.

Anónimo dixo...

O meu Haiku sobre "Os amantes Mariposa"

Home ou muller
coitelo ou culler
diferentes son

Maribel dixo...

Tirarlle das orellas a Tokkori, xa é o segundo libro que se quere comprar dende que está no club E QUE XA TEN NA CASA!!!!!