luns, 24 de xaneiro de 2011

Where Children Sleep

James Mollison



Chris Boot (2009)



"Onde durmen @s nen@s" presenta as fotografías de 112 habitacións de outros tantos rapaces e rapazas que James Mollison sacou en 16 países incluidos os Estados Unidos, México, Brasil, Reino Unido, Italia, Kenia, Senegal, Xapón, China e Nepal, cada unha delas acompañada dun retrato de cada un dos protagonistas acompañados dun texto onde se fai unha pequena descrición das súas condicións de vida.



O obxectivo desta obra non é outro que o de chamar a atención dos lectores sobre as condicións de vida destes rapaces, na súa diversidade, e nas circunstancias sociais que hoxe en día afectan aos nenos e nenas do mundo.



O proxecto comezou cando o centro de investigación de Benetton lle pediu ao fotógrafo unha idea para amosar e comprometer ás persoas cos dereitos d@s nen@s e Mollison pensou na importancia que para el tivera de neno o seu dormitorio.



Un libro dirixido a lector@s de todas as idades dispoñible na rede "Where Children Sleep"



"Espero que este libro axude aos xóvenes a pensar nas desigualdades existentes entre as sociedades do mundo [...] e quizais comezar a entender de que xeito poderían actuar"

James Mollison

3 comentarios:

Scorpio dixo...

Non me gustou tanto porque a min non megusta tanto un libro con descripcións sen embargo me interesa ver o distintas que son as vidas dalguns nenos

letty dixo...

este libro é impresionante.
Fala da vida de nenos e nenas que que viven na pobreza e na riqueza.
Algunhas das historias eran moi tristes e a vez impresionantes.

Tokkori dixo...

Pois a min sí me gustou. De feito, atrévome a dicir que é un dos libros máis preciosos que vin de todos.
É un grandísimo recopilatorio de máis de 100 nenos. Demostra a xigantesca diferenza nas vidas de nenos de distintos puntos do mundo. Comparas a unha nena, con unha habitación cheísima de xoguetes, con un neno que nen sequera ten habitación e durme nun colchón ao aire libre.
Fainos pensar moito, e darnos de conta de que, mentres nos durmimos plácidamente na nosa cómoda cama, outros poden estar durmindo o triplo de mellor ca nos, ou de forma moitísimo peor...
Sen dúbida, encantoume. Oxalá o traduciran ao español ou galego.