miércoles, 6 de abril de 2011

Os Nenos Numerados

Xoán Farias

Xerais (1977)

Os nenos numerados recolle a conmovedora historia dun fato de rapaces internados nos anos sesenta no reformatorio coruñés de Palavea. Pés Planos, logo chamado o Iluminado, –protagonista que é da novela– rouba unhas botas na zapatería de don Manuel e encérrano no reformatorio, un edificio rodeado por un muro de cristais cravados no cemento que brillan co sol da tarde. Pés Planos coñecerá na furgoneta que o levaba desde o xulgado á Casa Grande a Juan Acost, aquel rapaz de ollos quentes e fixos que choraba por calquera cousa, pero que terá pulo dabondo para intentar saltar o muro. A fame, o frío, os celadores, a loita diaria pola supervivencia nun ambiente hostil empuxan ós rapaces a tentar fuxir, pero moi poucos se atreven e case ningún o consegue. Xabier Senín realizou a versión galega de Os nenos numerados, chamada a converterse en novela de referencia da dura adolescencia dos máis desgraciados rapazotes galegos de hai trinta anos.


A particular homenaxe dos CEIP e IES de Ferrolterra a Juan Farias

5 comentarios:

Tokkori dijo...

Este libro tamén me gustou moito, coma os outros.
Reflexa como trataban aos nenos nos reformatorios, no pasado e posiblemente no presente. Está moi ben feito e explicado sin dúbida.
Según contou Juan farias cando viu, está basado nun feito real, basado incluso na propia vivita de Xoán cando foi ao reformatorio fai moitos anos.
Os celadores eran dende logo moi inxustos, aínda que non todos querían facer cousas malas realmente. Eu non quixera que me fixeran tal cousa...

Scorpio dijo...

E un libro que impacata moito, por iso gustoume

Carlos dijo...

Os nenos numerados é un libro que considero que todos deberiamos ler. Expresa o sufrimento dos nenos da época na que se ambienta o libro.

A historia de pes planos na "Casa Grande", sen dúbida é entrañable e , á vez, escalofriante. Os maltratos que sufre, o sentimento de irmandade que sinten uns polos outros... É algo realmente fascinante.

Cómo os celadores son distintos, uns máis estrictos ca outros e cada un coa súa propia historia.
A maneira en que teñen que "malvivir" os nenos na "Casa Grande", é algo que fai apreciar o que se ten e , por iso, eu llo recomendaría a moita xente.

Diego dijo...

A forma de escribir de Xoan Farias non é das miñas preferidas .
Este libro non me gustou ,a frialdade dos actos dos celadores non me chistaron nada.

Tokkori dijo...

Síntoo, tiven un erro. Quixen dicir que según Xabier do Campo cando viu a facernos unha visita ao instituto.