sábado, 10 de diciembre de 2011

El Principito



Salamandra (2009)

O pasado 23 de novembro, a raiz da inauguración do "Niño do Bubisher" en Smara, unha fermosa iniciativa naceu entre as Bibliotecas Escolares Galegas.

Unha ducia destas bibliotecas pertencentes ao Plambe-Ferrolterra, que dende este curso estamos unidos aos rapaces e rapazas de Smara por un fermoso proxecto "Coñecernos para querernos", queríamos celebrar tamén o nacemento desta biblioteca, e pensamos que o mellor xeito de facelo era voando co Bubisher ata o Sáhara a través dunha marabillosa Colección de Álbumes Ilustrados que lles achegue aos nenos e nenas dos campamentos de Tinduf a maxia da lectura.

A esta ducia de bibliotecas uníronse xa máis de 70 bibliotecas escolares do resto do pais, e dende O Segrel queremos animarvos a tod@s @s amig@s que nos visitedes a formar parte desta iniciativa, para o que só tedes que entrar no listado que vos presentamos e seguir as instrucións.

Nós xa temos elixido ese pequeno agasallo para @s nos@s amig@s do Bubisher. "El Principito", un fermosísimo pop-up, co texto íntegro da obra, editado por Salamandra e que aquí vos presentamos. Esperamos que o disfruten tanto coma nós!.


"Non se ve ben senón co corazón,
O esencial é invisible aos ollos"

Que o voso corazón vos permita ser felices!

Actualizado o 20 de decembro, data na que chegamos aos 100 álbumes para o Niño do Bubi, Bubi 1 e Bubi 2. Que os disfruten!

2 comentarios:

Redacción Bubisher dijo...

De seguro que O Principiño vaise atopar moi cómodo nos estantes do Niño, no medio do deserto.Moitísimas grazas de parte de todo o equipo do Bubisher. Unha aperta moi forte.

Loly dijo...

Graciñas a vós por permitirnos formar parte, dalgún xeito, do voso marabilloso proxecto.
Apertas de mel dende Fene