TH Novela
É 1953 e Kilian
abandona a neve da montaña oscense para principiar, xunto ao seu irmá Jacobo, a
viaxe de ida cara unha terra descoñecida, afastada e exótica, a illa de
Fernando Poo. Nas entrañas deste territorio exuberante e sedutor, o agarda o
seu pai, un veterano da finca Sampaka, o lugar onde se cultiva e torra un dos
mellores cacaos do mundo.
Nesta terra
eternamente verde, cálida e voluptuosa, os xoves irmáns descobren a lixeireza
da vida social da colonia en comparación cunha España encorsetada e gris; comparten
o duro traballo necesario para conseguir o cacao perfecto da finca Sampaka;
aprenden as diferenzas e semellanzas culturais entre coloniais e autóctonos; e
coñecen o significado da amizade, a paixón, o amor e u odio. Pero un deles
cruzará unha liña prohibida e invisible e se namorará perdidamente dunha
nativa. O seu amor por ela, enmarcado nunhas complexas circunstancias
históricas, e o especial vínculo que se crea entre o colono e os oriúndos da
illa transformarán a relación dos irmáns, cambiarán o curso das súas vidas e
serán a orixe dun segredo cuxas consecuencias chegarán ata o presente.
No ano 2003,
Clarence, filla e sobriña dese par de irmáns, levada pola curiosidade de quen
desexa coñecer as súas orixes, mergúllase no ruinoso pasado que habitaron
Kilian e Jacobo e descobre os fíos poeirentos dese segredo que finalmente será
desentrañado.
Actualizado 10 de Abril
Encontro con Olga Uzal na Guinea do 60
Ningún comentario:
Publicar un comentario