El Aleph (2001)
O diario Violeta de Carlota non é unha novela. Tampouco un diario íntimo calquera. Carlota, animada polo xogo que lle propón a súa avoa, observa o mundo coas "gafas violetas" e comproba que aquelas situacións cotiás que parecían incuestionables resulta inxustas e discriminatorias. Quen inventou que en asuntos amorosos os rapaces teñen que tomar a iniciativa? Por que a cor azul ten que ser a dos rapaces e a rosa, a das rapazas? Por que está mal visto que choren os mozos? Por que non poden amosar medo? Por que é máis importante o aspecto físico das mozas que o dos mozos? Carlota descobre tamén o horror das cifras: o 70% dos pobres da Terra son mulleres, o 65% dos analfabetos da Terra son mulleres...
O Diario Violeta de Carlota é unha guía subversiva que nos invita a reflexionar - ás veces con humor, outras con rabia e moitas veces con impotencia - sobre a situación da muller no mundo actual e nos anima a continuar "a cadea violeta". Necesitarás as gafas de cor violeta para descubrir situacións inxustas coa muller e para detectar cando actuamos segundo uns modelos impostos.
Ponas!
Premio Internacional Unesco 2003 a la Tolerancia - Mención de Honor
Ningún comentario:
Publicar un comentario