Domingo Villar
Galaxía (2006)
Na torre da Illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo, e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudande, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmósfera tensa e afectada dos círculos da alta burguesía viguesa.
A BANDA SONODA DE "OLLOS DE AUGA"

2 comentarios:
Eu tiña moitas ganas de ler os libros deste autor,e tiven a sorte de poder ler os dous que rulaban nos deberes do verán;e non me decepcionou.Trátase dunha lectura agradable,cercana (debe ser unha gozada para os que viven por esas terras) e con ese punto "retranqueiro galego"que é máis evidente vendo os estragos que fai na paciencia (pouca,dende logo)aragonesa.
Fantástica e musical idea. Escoitei todos os vídeos mentres traballaba.
Boa novela pero prefiro a segunda.
Publicar un comentario