luns, 29 de febreiro de 2016

El rastro brillante del caracol


Destino (2014)

Sam ten 16 anos e Síndrome de Asperger, unha forma lixeira de autismo. É un crac dos ordenadores, pero ten poucos amigos e lle costa interactuar cos demais na vida cotiá. Un día coñece a Martina e o seu mundo cambia. Gústalle moito pero non sabe como achegarse a ela, e ao pouco tempo descobre que un acosador a está a poñer en grave perigo. Sam terá que esforzarse moito para superar as súas limitacións se quer axudala e desenmascarar ao culpable.

Banda Sonora


Entrevistas á autora


2 comentarios:

Unknown dixo...

Chámome Julián Rico, e son alumno de 3º da ESO:
Eu animo a todos os que aman a boa literatura que se animen a ler esta marabillosa obra de Gemma Lienas.
Aunque o seu final é un pouco simple, merece a pena lelo.
Espero que o leades.
Un saudo a todolos lectores. Grazas.

Friskies dixo...

Chámome Mario López, e son alumno de 3ºA da ESO.
En resposta a Julián:
Opino o mesmo ca ti. O libro gustoume aínda que se atopa un chisco lento á hora de narrar a historia. O final pareceume moi apresurado, xa que *SPOILER* un personaxe perigoso seguía solto *FIN DO SPOILER*. Gustaríame tamén engadir que unha revelación que ocorre ao final, sucede de forma apresurada e ao poco de lela, o libro xa termina.
A pesar de isto o libro é moi entretido de ler e aprendes cousas moi interesantes.
Un saúdo e grazas por ler isto.