Reinamontes, Vicente (Ilustrador)
Ediciones Ekaré (2014)
Un pequeno colexio ao sur da Alameda, na cidade de
Santiago de Chile, está en toma e dende entón todo mudou: as aulas, o patio e
ata os mesmos alumnos, que parecen ser outros cando se ven enfrontados aos
desafíos da mobilización estudantil.
Entre eles, está Nicolás, o mellor porteiro do equipo de
fútbol, que se aburre nas longas asembleas e escribe no seu caderno un diario
da toma.
Mentres no colexio está en ebulición, dende a casona
veciña, alguén mira.
Unha novela ilustrada que se desenvolve en 2006, durante
os vibrantes comezos da “revolución pingüina” e que ten recibido varios recoñecementos
nacionais e internacionais.
En Maio de
2006 centos de estudantes secundarios chilenos saíron ás rúas a marchar e tamén
ocuparon os seus colexios en sinal de protesta. Reclamaban contra a Lei de
Ensino, contra a desigualdade e contra a educación concibida como un negocio e
non un dereito. Chamouse a Revolucións dos Pingüinos.
No 2011, a
revolución estudantil en Chile, encabezada polos universitarios e por unha
serie de carismáticos líderes,saltou ás portadas da prensa mundial. Catro de
aqueles dirixentes hoxe son os deputados máis novos do Congreso Nacional.
Esta
historia ficticia, está inspirada libremente neses acontecementos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario