Alianza (2004)
“Pertenzo a unha tribo que, dende sempre, vive como nómade
nun deserto do tamaño do mundo. Os nosos países son oasis dos que fuximos cando
se seca o manancial; as nosas casas son tendas vestidas de pedra; as nosas nacionalidades
dependen de datas e de barcos. O único que nos vincula, por enriba das xeracións,
por enriba dos mares, por enriba da Babel das linguas, é o murmurio dun apelido.»
Precisamente ese vínculo é o que leva a Amin Maalouf, en Orixes, a volver os
seus ollos cara as súas raíces familiares. Furga na súa memoria para resucitar o
destino desta «tribo», os Maalouf, que dende o Líbano que lles viu nacer expandíronse
polo mundo para alcanzar terras tan aparentemente afastadas da súa cultura como
Cuba. Nesta aventura que cubre no tempo todo un século, Amin Maalouf convoca aos
mortos e aos vivos, ás pantasmas dos seus antepasados e aos familiares que o
rodean, para explorar as lendas que se tiveron alimentado entre os seus o que lle
permite facer o retrato de toda unha época, coas convulsións que levaron ao
desmoronamento do Imperio otomán, e forxarse unha idea clara de como eran, como
pensaban e o que levou aos Maalouf á diáspora. Uns eran místicos, outros masóns;
uns profesores, outros comerciantes, e todos, soñadores políglotas e
cosmopolitas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario