Urco Ediciones (2011)
O ladrón de soños é a primeira entrega dunha saga adicada
a Basilius Hoffman, explorador, arqueólogo, membro da sociedade secreta de
Avalon e moitas outras cousas máis que se irán descobrindo pouco a pouco.
Basilius é o tío de Peter Hillman, auténtico protagonista deste conto, un rapaz
de doce anos que vive e estuda nun internado e que deberá pasar as vacacións de
nadal no vello casarón de seu tío.
O encontro entre tío e sobriño motivará
un cambio decisivo na vida de Peter, que observa como o que semellaba un
castigo supón o comezo dunha extraordinaria aventura. Basilius e Peter
embarcaranse nunha viaxe fantástica na procura do Diario do Cartógrafo, nunha
trama construída arredor da mitoloxía exipcia e do seu culto aos felinos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario